As veces un planifica unha actividade de recheo porque so ten a media clase, porque faltan moitos nen@s ou para completar outro traballo e resulta que esa actividade encántalles e queren máis.

Iso pasou a semana pasada, chegamos a clase e so estabamos 6, si só 6 así que decidimos que non iamos ir aos recunchos de traballo porque non había equipos. Os Apolos  querían pintar superheroes e para que fose unha actividade máis completa usamos a pantalla.

Buscamos na rede debuxos de superheroes e cada un escolleu o que quería pintar. Logo proxectámolos e repasámolos co lapis. Xa no sitio, volvemos repasalos co rotulador e logo pintámolos con pincel.

Tivo tanto éxito que ao día seguinte os que faltaran tamén quixeron e coma están tan entusiasmados imos ir pintando superheroes nas vindeiras semanas para ter un libro con todas as nosas obras.

Anuncios