O outro día Mauro dixo na asemblea:
Profe, falamos moito de superheroes e pouco de robots!!
Nin que dicir ten que quedei coa boa aberta. Levamos dende que comezou o curso trebellando cos robots e agora ata estamos a construír un pero os Apolos queren máis.
Teño que confesar que pensara nos robots coma “un taller de robótica” ou “un recuncho de robótica”  e non coma un proxecto pero, os Apolos son os que mandan queren máis así que comezamos a semana falando de que son os robots e se tiñamos algún na casa e resulta que sí: temos a aspiradora de Alba que é un chico e chámase Romba, a termomix de Teo e algún máis.
Despois fomos a mesa para facer un robot de cartoliña. Puxemos imaxes na pantalla e na mesa tiñamos material pero ningunha indicación, salvo o proxectado e a intuición.
Confeso que, unha vez máis, sorprendéronme moitísimo e, aínda que os robots parecen moi sinxelos, todo o proceso de elaboración foi moi complexo así que non podo máis que darlles a noraboa!

Anuncios