Coa chegada do outono e como xa somos maiores os choquetes quixeron visitar a súa horta e plantar cultivos de outono. Tiveron que preparar a terra, facer buratos, plantar, regar, botar terra mineralizada,… semellaban uns grandes agricultores! Este ano é máis doado traballar na horta porque fixémoslle uns bancais de madeira que facilitan o traballo aos peques e así non se lixan tanto, movernos con comodidade pola horta e os cultivos están en mellores condicións. A nosa primeira visita foi todo un éxito. Voltaremos moi pronto para coidar e limpar o noso recunchiño de natureza dentro da escola.

Anuncios