Xa vistes que temos unha horta preciosa e agora hai que coidala e para iso, os Apolos e Xirasois decidimos poñer un día a semana para poder coidala e mantela. Mercamos luvas, sachos pequenos e sementes, ademais, mandamos traer botas vellas para non mollar os pés e os xoves imos traballar na horta.
Para que sexa máis operativo temos feitos 3 equipos, uns quedan na clase coa profe Anabel, outros van coa profe Aída e fan manualidades relacionadas coa horta e os outros imos a horta.
Fai unhas semanas plantamos verzas, allos e coliflor pero algún becho, non sabemos cal, comeu as coles todas.

Volvemos mercar verzas e coliflor para volver plantar a ver se desta van para arriba.
Os Apolos e Xirasois encargáronse de traer terra boa para combinar coa da horta, botar abono e, por suposto, plantar.
Mirade que ben o fixeron!!

Anuncios