Archivo mensual: diciembre 2016

Antes de ir de vacacións non puidemos evitar a tentación de volver cociñar outra vez coma o ano pasado. Nesta ocasión fixemos unhas deliciosas galletas con forma de reno pero tivo que amasar a profe porque cando iamos misturar rompéusenos o batedor así que tivemos que apañarnos. Aínda así sairon moi ricas, de feito non quedaron nin as migallas!!

Anuncios

Despedimos o primeiro trimestre desexándovos unha felices festas a todos!!! Pasade uns bos días de descanso, disfrutade da fantasía, e, sobre todo, contaxiádevos da ilusión e alegría dos pequenos. Non esquezades que non hai que perderse no consumismo o que eles precisan por riba de todas as cousas e a vos e a vosa atención.

FELICES FESTAS E GRAZAS POR TODO O VIVIDO XUNTOS NO 2016, ESPERO QUE NO 2017 SIGAMOS COMPARTINDO CENTOS DE AVENTURAS!!!


E antes de marchar de vacacións inda fomos plantar a nosa horta. Nesta ocasión unhas estupendas cebolas. Fixemos equipos para organizarnos mellor, uns facían buratos, outros botaban abono, outros metían as cebolas no burato e os último grupo tapaba.

Fixéronno moi ben, son uns auténticos especialistas!!!


Estamos de vacacións, chega o tempo da ilusión. Os Apolos estivemos moi ocupados estes días preparando elementos de decoración de nadal. E fixémola con moitísima ilusión.
Aquí tedes un resumo!


A semana pasada o reto de Margarida de Coñecendo a orixe foi moi difícil, o máis complicado de todos. Debiamos deseñar algún mecanismo para mellorar os poderes de Superlópez. Os Apolos cando comezamos co proxecto dos robots vimos un vídeo dunha man robótica caseira e Daniela pensou que Superlópez podía ter tres mans e así podía loitar mellor contra os malvados. Ao resto gustounos a idea e puxémonos mans a obra.
E así o fixemos.


O principio do trimestre os Apolos fomos a 5º A a ver o seu recuncho da ciencia e a aprender dos insectos. Desta volta foron os maiores os que viñeron a nosa aula para aprender conceptos básicos de robótica.

Para iso dividimos a clase en 4 talleres, un para desenvolver o noso lado creativo e imaxinativo construindo un robot con material de refugallo. Os maiores contaron coa axuda inestimable de Alba e Mauro que o fixeron xenial cando nos construimos os nosos robots.

Outro para dotar de movemento a algo construído con material de refugallo, neste caso un brazo robótico. Para iso o equipo tiña un vídeo cos pasos a seguir e a axuda e consello de David e Ainoa que xa fixeran a man robótica.

No seguinte taller os maiores tentaron seguir construindo o robot solar con axuda de Daniela e Carla (aínda que estaban un pouco nervosas porque os maiores impoñen e non falaron moito)

Finalmente, un taller de linguaxe computacional para entender coma programar un robot comandados por Teo, Zaira e Anxo que son uns auténticos expertos.
Pasámolo moi ben e encantounos ser profes dos maiores.

Coma non puidemos acabar todo o que tiñamos imos ver se en xaneiro volvemos xuntarnos para seguir dende o deixamos.


Este curso os Apolos temos moita sorte porque temos connosco a profe Claudia, que é estudiante da Escola de Formación do Profesorado e está de prácticas na nosa aula. A semana pasada deseñou as actividades de toda a semana e estivemos traballando coas letras, as maiúsculas que xa coñecemos e as minúsculas. Fixemos unha chea de cousas e pasámolo moi ben.



A %d blogueros les gusta esto: