Fai uns días xa falamos da hora do código. Os Apolos sumámonos ao movemento da hora do código e o venres pasado convidamos as familias e na aula de informática estivemos codificando xuntos. Os Apolos fixeron de titores e ensinaron as súas familias coma codificamos na aula. Estivemos unha hora xogando e pasámolo moi ben. Nos seguiremos codificando na aula, e vós, animádevos?

https://code.org/

 

Anuncios