Archivo mensual: enero 2017

Aquí vos deixo algúns retallos máis da nosa visita ao parque de bombeiros. Mirade canto aprendemos!


Carla achegouse a clase dos choquetes para contarlles unha fermosa historia moi coñecida por estes expertos buscadores de historias, “Cocorico”. Levaba moitos días ensaiando e preparando cunhas axudantas moi especiais uns pequenos agasallos para os peques. Fixeron uns marcapáxinas moi fermosos de recordo do conto. Pasámolo moi ben e gustounos moito escoitar o conto na voz de Carla. Parabéns Carla!!!

Os choquetes xa están ansiosos por recibir a un novo contador de historias (pequeno, grande ou… moi grande!). Animádevos que vos estamos esperando!!!


Este trimestre estamos traballando os superheroes cercanos e coma os nosos compañeiros de 1º ían a visitar aos bombeiros e lles sobraba sitio no bus tamén nos apuntamos.

Despois de pasar toda a semana aprendendo cousas dos bombeiros e de ter algunhas preguntas por resolver fomos ao parque dos Bombeiros de Teis, en Vigo.
Foi un día do máis emocionante e fixemos unha chea de cousas.

De momento aquí tedes un adianto pero nos vindeiros días vos amosaremos máis.


Este venres imos ir de excursión aos bombeiros de Vigo e antes da saída aproveitamos para traballar na aula sobre estes superheroes anónimos que tan importantes son na vida de todos.

Coma os Apolos estaban moi motivados e querían seguir aprendendo tivemos a idea de investigar coas familias e converter esas investigacións nun mural. Así que cada nen@ preparou na casa un mural que trouxo o cole e que logo vimos todos xuntos. Un xeito fantástico de complementar o que xa traballamos na clase.
Quixen poñer a todos os Apolos no vídeo así que son pequenos retazos do que falamos na aula.
UNHA VEZ MÁIS MOITAS GRAZAS POLA PARTICIPACIÓN A TODAS AS FAMILIAS!!!


Os peques seguimos traballando na nosa horta. A semana pasada a pesar do frío aproveitamos para colocar pneumáticos no espazo que quedou fóra dos bancais. Tivemos que traelos por parellas e enchelos con terra. Traballamos moito pero, sobre todo, pasámolo xenial empurrando polas rodas, mollándonos e facendo cadeas para enchelos de terra.


Os choquetes, estes días estiveron traballando ao redor das tartarugas ninja, xa que a moitos deles lles gustan moito. Así que fixemos uns divertidos bonicreques de tartarugas, quedáronnos moi chulos. Empregamos diferentes técnicas e recursos plásticos, como: os rollos de cartón do papel hixiénico, fieltro, témpera verde, cartulina e purpurinas. Deixámosvos un vídeo resumindo todo o proceso creativo.


Unha vez máis os choquetes visitaron a horta. Plantaron cebolas, limparon un pouquiño e regaron. Cada día que pasa esta máis fermosa!



A %d blogueros les gusta esto: