Esta semana estamos moi atarefados compilando o que aprendemos na nosa visita ao parque dos Bombeiros porque imos ir a contarlle todo o que sabemos aos Choquetes. Para iso falamos na asemblea da visita e logo, cada equipo, na mesa, fixo un esquema do que ían contar.

Decidimos facer unha presentación con fotos porque así os Choquetes poden ver do que estamos a falar, así que hoxe preparamos uns powerpoints despois de aprender unha nocións básicas de funcionamento do programa.

Teño que dicirvos que foi incrible. Había un clima na aula que era unha pasada, todos moi concentrados, traballando en equipo, intercambiando ideas e preparando unhas presentacións fantásticas.
Agora so nos falta ir a clase dos Choquetes para compartir con eles todo isto.

Anuncios