Vou comezar este artigo dando as grazas as familias dos Apolos por facer realidade as tolemias que se nos ocorren na aula.

MOITAS GRAZAS FAMILIAS, SEN VOS NON SERÍA POSIBLE!!!

No mes de outubro fun a SIMO educación en Madrid e asistín a varios talleres de robótica infantil. Vin moitos robots, algúns espectaculares pero non lonxe do noso alcance. Así que cun orzamento máis modesto, algo de imaxinación e moitas gañas, os Apolos creamos un taller permanente  de robótica. Empezamos facendo robots de cartóns, con movemento manual, solares e un robot programable que temos agora mesmo en proceso de programación.
Levabamos unha semana en punto morto e pensando para onde iamos tirar cando chegou a reunión coas familias para falar do entroido. Falamos do traballo de aula e dos robots, de cal podía ser o seguinte paso.
Pensara en mercar un robot de BQ, so me daba medo que os aparellos son para nen@s a partir de 8 anos e igual o manexo nos resultaba complexo.
Nembargante, as familias estiveron dacordo en facer unha aportación, non pensei que iamos recaudar tanto así que, poñendo un pouco máis deixamos o robot de BQ e mercamos a DASH. Un trebello con moitas posibilidades que manexamos en Madrid, onde nos namorou,  e que espero que nos de moitas alegrías.
De momento aquí vos deixo a chegada de Dash e os primeiros problemas tecnolóxicos!!!

Anuncios