Este ano coma xa vos contei nalgunha ocasión, a profe Rosa máis eu decidimos cambiar a metodoloxía  e apostar polos recunchos de traballo, aos que a estas alturas e despois de meses investigando, traballando e recibindo formación, chamámoslle “ESTACIÓNS DE APRENDIZAXE”.

Os relatores que viñeron a darnos formación falaron en repetidas ocasión da importancia do espazo exterior na aprendizaxe e da importancia de usar o linguaxe específico para cada espazo, donde o nome técnico a cada acción para que os alumn@s aprendan de xeito preciso e eficaz.

E, se ben é certo que levamos 10 anos participando en Voz Natura e apostando pola interacción co exterior, este curso a nosa horta é máis ca unha horta. É unha estación de aprendizaxe constante a que asistimos todos os xoves en equipos mixtos da nosa aula e da aula dos xirasois. Un espazo con obxectivos propios onde os nen@s traballan de xeito cooperativo e autónomo. Un espazo libre onde investigan, ven bechos, sinten o medio natural, toman decisións que inflúen no crecemento dos cultivos, encárganse de coidar o espazo e os cultivos, no so de forma física senón tamén emocional.

Un espazo único onde aprendemos a aprender, e aprendemos facendo.

Anuncios