Archivo mensual: marzo 2017

Lembrades o concurso “Coñecendo a orixe” da biblioteca?
Os xoves os equipos que levaron as maiores puntuacións no concurso fan un taller na biblio onde comparten as súas respostas con 20 rapaces que poden ir a sesión. A semana pasada tocáballes aos finalistas pero non estaban preparados así que a profe Marina díxonos se podían ir os Apolos.

Non tiñamos nada preparado así que pregunteilles na clase e dixeronse que sí ao momento. Lembrábase de todo o proceso pero, antes de ir a biblio, volvemos ver o vídeo da experiencia na aula.
E así, sen apenas preparación, mirade coma o fixeron.
DÉIXANME SEN PALABRAS. SON FANTÁSTICOS!


Xa sabedes que os Apolos estamos entusiasmados coa robótica. Fai unhas semanas fun a un curso de robótica e ensináronnos a facer un robot pintor cun vaso, tres rotuladores, un motor e unha pila.

Resulta que temos unha chea de motores ao noso redor, sobre todo dos xoguetes vellos, e con eses motores pódense facer unha chea de cousas.
Trouxen o robot pintor a clase e encantoulles así que eles tamén quixeron construír un. Despois de buscar na rede atopamos un cun cepillo de dentes que parecía sinxelo así que puxémonos mans a obra.


Traballar a horta encántanos, estamos fóra, en contacto coa natureza, tocamos, sentimos e pasámolo moi ben, ademais aprendemos unha chea de cousas pero o mellor de sementar e cando o que sementamos medra.
Este ano non tivemos moita sorte coas verzas e tivemos que plantalas ata tres veces pero, curiosamente, das primeiras que sementamos resistiu unha coliflor así que os Apolos e os Xirasois fomos a recollela na horta para poder comela.
Decidimos facer tortilla de coliflor e coliflor rebozada. Limpámola, puxémola a cocer e logo comezamos a elaborar a receita.
Mirade que pasada!


A semana pasada fomos a horta Apolos, Xirasois e Choquetes xuntos. Aproveitamos para limpar e sementar amorodos. Mirade coma traballamos!!!


Antes de comezar o proxecto dos planetas cada Apolo fixo un debuxo coas súas ideas previas sobre o sistema planetario. Ao rematar a semana volvemos facer o debuxo e…


O espazo exterior está cheo de misterios, temos as estrelas, os planetas, os meteoritos, os asteroides e tamén as nebulosas. A profe Claudia contounos cousas delas, vimos un vídeo e logo creamos as nosas propias nebulosas na aula.


Seguimos a nosa viaxe polo mundo exterior, nesta ocasión facendo por equipos unha maqueta do sistema solar. Para poder facela a profe Claudia ensinounos diversos modelos para inspirarnos e, a partir de aí, cada equipo fixo a súa escolla e comezaron a traballar.



A %d blogueros les gusta esto: