EQUIPO 1- 1º INTENTO

Vou tentar nos seguintes post contarvos días intensos de traballo na aula dos Apolos.
Algúns profes estamos a facer un curso para mudar o noso xeito de dar clase e unha das cousas que saquei en limpo é que os profes falamos moito e anticipámonos. O noso papel é guiar e orientar, poñer os medios, facilitar pero nunca dar as solucións.
Partindo disto, cada semana, no recuncho de robótica, os equipos van ter un reto para facer con Dash. E un reto que deben superar por eles mesmos poñendo as súas cabezas a traballar e experimentando de xeito práctico as súas ideas. Sabendo que vanse trabucar pero que eses erros servirán para mellorar o proceso é chegar a resultado que queren.
Nesta ocasión a misión para os nosos superheroes era poñer a Dash a sumar.
A misión era moi complexa, primeiro porque había que crear o espazo de suma, traballar en equipo, establecer criterios de medida, formular hipóteses e crear un escenario onde poder comprobalas.
As profes quedamos nun segundo plano dando material e observando e isto foi o que pasou.

Anuncios