Archivo mensual: abril 2017

O último día antes de marchar de vacacións de pascua, fixemos uns entretidos obradoiros. Coa profe Vero fixemos piruletas de chocolate, co profe Esteban vimos cortos animados de pascua e na clase dos choquetes, coa profe Aida, a profe Rosa e coa profe Lara ( que sorpresa de visita), fixemos manualidades primaverais, decoramos ovos e fixemos unha cestiña. Na hora de ler, escoitamos no patio, da man da profe Vero, unha fantástica historia do coelliño de Pascua e para rematar… cada peque colleu o seu cestiño e buscou e rebuscou por todo o patio os ovos de chocolate e chocolatinas que o coello deixou agochados mentras escoitabamos a súa historia. Que día máis bonito!!! Estivemos entretidos toda a mañá!!!

Anuncios

A profe Lara, antes de marchar tívonos bastante entretidos cunha unidade moi fantástica. Batman mandounos unha mensaxe e tivemos que axudalo, para iso tivemos que entrenar o corpo e a mente como verdadeiros superheroes durante toda a semana. A emoción ía medrando día a día! Graciñas profe Lara!!! Foron uns días magníficos! Estade moi atentos a todos os vídeos porque as cariñas destes choquetiños non teñen desperdicio.

 

 

 


Este mes quixemos facer unha orixinal celebración dos aniversarios de marzo e abril, como xa chegou a primavera e o sol estanos a acompañar estes días, collemos os biscoitos dos cumpreañeiros e fixemos un orixinal picnic no xardín do cole, baixo a vella laranxeira da escola. Que rica estaba esta merendola!!!


Rematamos o trimestre volvendo a facer os talleres interclases que tan bo resultado nos están dando este ano. Preparamos 3 talleres: un de cine, outro de manualidades e outro de cociña e fixemos 3 grupos nos que había Pequeheroes, Choquetes, Apolos e Xirasois.

Os grupos pasaban 30 minutos en cada taller e ao rematar ían ao seguinte. Así aproveitamos para facer chocolate e cestos de pascua.
Despois do recreo contamos o conto do coelliño da pascua e fixemos unha búsqueda conxunta polo patio, xa que o coelliño apareceu por alí e deixou unha chea de ovos.
Xa cos cestos cheos comemos o chocolate que fixeramos pola mañá.
Foi un día moi intenso pero pasámolo xenial!!!


Iria visitou a clase dos choquetes para traernos unha historia fantástica, Blobló. Estes pequenos espectadores estiveron moi moi atentos xa que Iria fíxoo moi ben. Parabéns Iria!!!


Un mes máis celebramos os aniversarios. Nesta ocasión David e Alba foron os afortunados. Aproveitamos o bo tempo para celebrar a festa fóra.
Mirade que ben o pasamos!


Este ano subimos ata San Martiño para celebrar o noso día da árbore. Alí plantamos con sachos e coas propias mans a nosa pequena árbore, logo merendamos para repoñer forzas e finalmente xogamos, exploramos, buscamos bichiños e ata recollemos o lixo que atopamos polo monte. Un gran día!!!



A %d blogueros les gusta esto: