Archivo mensual: mayo 2017

A semana pasada celebramos a semana das letras galegas e foi unha semana foi intensa. Fomos ver os títeres a Redondela, veu Ce Orquesta Pantasma ao cole e pasámolo xenial bailando e cantando con el, tivemos o grupo de baile do Carballo das Cen Polas amosándonos todo o que fan no Centro Cultural de Reboreda… E, ademais, celebramos un ano máis unha xornada lúdica xogando no patio a diferentes xogos tradicionais, cooperativos e moi divertidos.


O día dos xogos foi un día moi intenso para os pequesreboreda. Primeiro tiveron que baixar a Redondela para asistir un ano máis ao festival de títeres, de volta á escola xogamos, bailamos e divertímonos nos tradicionais xogos que aparecían polos diferentes recantos do patio dos maiores. Deixámosvos uns pequenos vídeos para que vexades que ben xogamos.


Dende que mercamos a Dash grazas a axuda das familias tiña na cabeza a idea de facer unha maleta viaxeira e que Dash fose a casa dos Apolos pero o curso pasa enseguida e, entre unhas actividades e outras, chegamos ao mes de maio, así que descartei a idea. Pero, cando lle dixen aos Apolos que non ían levar a Dash quedaron tan decepcionados que tiven que retomar a idea. Así que deille unha volta e puxemos a maleta a rodar.
No seguinte vídeo podedes ver o que vai dentro. As familias teñen a misión de devolver a maleta cun robot caseiro feito en familia.
A idea é  pasar un bo rato en familia construíndo algo xuntos, vendo coma o refugallo cobra vida e onde os Apolos poidan amosar a súa familia todo o que levamos aprendido este curso.
A resposta, unha vez máis, está sendo extraordinaria e a cara dos Apolos cando levan a maleta e volven co robot xa o di todo e só por iso xa paga a pena todo o esforzo previo.
Alguén preguntou que faciamos cos robots que chegaban, no vídeo tedes  a resposta.

SEGUIDE ATENTOS PORQUE ISTO ACABA DE EMPEZAR.


O pasado luns demos comezo a semana das letras galegas co izado de bandeiras, un pequeno repaso á vida e obra de Carlos Casares e para rematar o grupo “O carballo das cen pólas” amenizaron ese primeiro día con cánticos e bailes moi propios da nosa Terra. Mirade que ben o pasamos!


Un ano máis presentamos un resumo das nosas actividades medioambientais ao concurso de vídeos de VOZ NATURA e necesitamos os votos de TODOS VOS. Tedes que entrar no facebook de voz natura, buscar o vídeo do CEIP SANTO PAIO DE ABAIXO e votar.

É moi sinxelo. Un pequeno clic para vós e de moita axuda para nós. Votade e comapartide no facebook para que os vosos contactos tamén nos voten, a ver se temos sorte!!!
AQUÍ TEDES O ENLACE PARA VOTAR, PERO TEDES QUE ESTAR CONECTADOS A FACEBOOK PARA PODER FACELO:
https://premium.easypromosapp.com/entries/809367
Tedes ata o 31 de maio.

NON VOS DESPITEDES E MOITÍSIMAS GRAZAS
Aquí tedes o noso vídeo


Marcos recibíu un e-mail e quedou sorprendidisimo, non contaba que estaba vez era algo para el. Tan contento se puso que mirade que ben contou cada cousiña. Xa é moi maior!!!


QMCH_invitacion07(1)

Moitos xa recibistes a invitación na casa, para o resto, un ano máis participamos no concurso “Nos tamén creamos” da Secretaría Xeral de Política Lingüística. E chegou á hora de compartir con todos horas e horas de traballo. Para ir abrindo boca aquí vos deixamos o trailer da película deste ano.

NON FALTEDES!!!



A %d blogueros les gusta esto: