Estamos xa no terceiro trimestre e toca prepararse para a recta final do curso. Os Apolos comezamos este trimestre adicado ao superpoder que cada un de nos temos dentro creando un novo recuncho de xogo. Recollemos a batcova porque necesitamos espazos onde poidamos explorar e aprender por nós mesmos.
Así que a nosa batcova converteuse no recuncho dos cachibaches. Temos unha cabina de superman para deixar a nosa identidade habitual e saír preparados para explorar os nosos superpoderes.
Neste recuncho temos unha chea de material de refugallo e ningunha consigna, de xeito que cada un pode xogar coma queira: creando, investigando, amontoando, tirando… Todo vale!!!
E estes primeiros días foron moi interesantes!

Anuncios