O trimestre pasado estivemos traballando os superheroes cercanos e os Apolos, nunha das nosas asembleas, dixeron que os seus maiores superheroes eran as familias. Teo contounos que a súa avoa cosía a toda velocidade, David que o seu pai facía casas, Daniela que o seu pai entrenaba no Choco, Mauro díxonos que a súa nai podía saír pola tele…
Xa tiñamos un xerme para comezar a traballar, podiamos convidar as familias para ver os seus superpoderes… pero algúns Apolos dicían que non podían vir a ensinar o seu superpoder ao cole porque non podían traer as súas ferramentas de traballo, entón… Que podiamos facer?
Pois ocorréusenos levar a cabo o antigo proverbio de “se Mahoma non vai a montaña a montaña vai a Mahoma” e nunha reunión coas familias falamos de levar a cabo un proxecto conxunto onde viramos os seus superpoderes pero non tiña porque que ser dentro do cole, sempre que fose preto podiamos ir andando e se era lonxe tentariamos buscar unha solución.
Para organizar todo isto fixemos un lapbook de superheroes cercanos con fichas para cubrir en familia onde se escribiron quen nos ian a amosar o seu superpoder, cando e onde o iamos ver.

O libro foi a casa dos Apolos e cada familia cubriu a folla.

Con todo listo, so quedaba comezar e a primeira familia que visitamos foi a casa de Manu. Unha vez máis Lula e o resto das educadoras tratáronnos xenial e pasámolo moi, moi ben.

NON PODO MÁIS QUE DARLLE AS GRAZAS A LULA POR ORGANIZAR TODO E CONVIDARNOS E AS SÚAS COLABORADORAS RO, MARÍA E LULI. GRAZAS A TODAS POLA DEDICACIÓN, CARIÑO E SIMPÁTIA COAS QUE NOS ACOLLERON.

E TAMÉN A CRIS E CHARO POR ACOMPAÑARNOS E AXUDARNOS DURANTE A  SAÍDA

ISTO É O INICIO, NON PERDADES DETALLE PORQUE CADA SEMANA IMOS VISITAR A ALGÚN SUPERHEROE CERCANO!

Anuncios