A semana pasada volvemos saír do cole para visitar a outro superheroe. Nesta ocasión o pai de Anxo convidounos a visitar a empresa de materiais de construcción na que traballa. E resulta que  resultou ser unha verdadeira cova de superheroeS chea de maquinaria extraordinaria.
Montamos nun guindastre e vimos os seus dentes poderosos en acción, tomamos os mandos dun camión que pode transportar miles de quilos sen dificultade, vimos as carretillas elevadoras, un superpoder invadiunos de súpeto e puidimos manexalas.

Ademais, descubrimos de onde sae a area, coma se constrúen as casas, cales son os superpoderes das pedras, que o polipán é tan forte coma un bloque de formigón, que hai unhas botas que teñen o superpoder de evitar os golpes nos pés…
E unha chea de cousas máis.
UNHA VEZ MÁIS, FOI UN XORNADA FANTÁSTICA ONDE O PASAMOS XENIAL.

TEMOS QUE AGRADECER AO PAI DE ANXO E AO SEU COMPAÑEIRO A ATENCIÓN, CARIÑO E PACIENCIA QUE TIVERON CON TODOS NÓS.
MOITÍSIMAS GRAZAS SUPERHEROES!!!
E, tamén, GRAZAS A LULA POR ACOMPAÑARNOS DURANTE A VISITA!!!

Anuncios