Dende que mercamos a Dash grazas a axuda das familias tiña na cabeza a idea de facer unha maleta viaxeira e que Dash fose a casa dos Apolos pero o curso pasa enseguida e, entre unhas actividades e outras, chegamos ao mes de maio, así que descartei a idea. Pero, cando lle dixen aos Apolos que non ían levar a Dash quedaron tan decepcionados que tiven que retomar a idea. Así que deille unha volta e puxemos a maleta a rodar.
No seguinte vídeo podedes ver o que vai dentro. As familias teñen a misión de devolver a maleta cun robot caseiro feito en familia.
A idea é  pasar un bo rato en familia construíndo algo xuntos, vendo coma o refugallo cobra vida e onde os Apolos poidan amosar a súa familia todo o que levamos aprendido este curso.
A resposta, unha vez máis, está sendo extraordinaria e a cara dos Apolos cando levan a maleta e volven co robot xa o di todo e só por iso xa paga a pena todo o esforzo previo.
Alguén preguntou que faciamos cos robots que chegaban, no vídeo tedes  a resposta.

SEGUIDE ATENTOS PORQUE ISTO ACABA DE EMPEZAR.

Anuncios