Os choquetes deron comezo a súa andaina buscando os superoderes das súas familias. Nesta ocasión Óscar quixo amosarnos os superpoderes dos “Super Gonmon” e trouxo ao seu papi, Cesareo, e o seu amigo, Queima, para amosarnos o seu poder da velocidade, xa que son piloto e copiloto de rallies.

Foi tan impresionante a súa visita que quedamos coa boca aberta e aprendemos moitisimas cousas. Como tiñan que contar tantas cousas non puidemos abreviar o vídeo polo que vos deixamos dous, non vos vades aburrir porque non teñen desperdicio. Fixádevos ben porque os papis gozaron coma nenos.

 

Anuncios