De novo os Apolos saimos do cole para descubrir un superpoder doutro familiar. Neste caso fomos a casa de David S, onde o seu pai ten un estudio de arquitectura.
Chegamos alí coa axuda de Cris, a mamá de Teo, que unha vez acompañounos para poder baixar andando.

Xa no estudio aproveitamos para ver todo o que ten alí Fernando. Ensinounos con moita paciencia e agarimo en que consiste o seu superpoder. Vimos planos, estudos topográficos, planos de edificios e ata fotos de construccións rematadas. Tamén vimos a impresora de planos en funcionamento e libros con planos moi antigos. Despois de disfrutar dunha fantástica merenda a que nos convidaron collemos os nosos planos e fomos a poñer en práctica todo o aprendido a pé de obra.

FOI UNHA XORNADA FANTÁSTICA!!!
MOITAS GRAZAS FERNANDO!

Anuncios