Nesta divertida viaxe na procura dos superpoderes hoxe chegamos ata Aldeas Infantís da man de Borja, Yanira e das súas cómplices (Lula, Mar, Luli, Ro, María,…)

Foi unha saída moi divertida desde o principio ata o final. Comezamos a aventura con moitas ganas camiñando dende Reboreda ata San Martiño, grazas a colaboración das familias de Celia, Íker, Kira e Alexia. Xa na aldea as nosas cómplices tíñannos preparadas una chea de actividades. Primeiro recollemos herbas aromáticas, aprendemos os seus nomes e as súas características, descubrimos os seus arumes. Logo apareceu María e levounos nun tren moi divertido que andaba un pouco tolo, con ela cantamos e atopamos máis poderes. Logo fixemos un sinxelo herbolario coas plantas que recolleramos no xardín. Luli, que ten o poder da relaxación fíxonos unha fantástica sesión de ioga. E para rematar… merendola, xogos no parque e retorno ao cole.

UN DÍA FANTÁSTICO!!!

PARABÉNS CÓMPLICES!!! ♥♥♥

Anuncios