Archivo mensual: noviembre 2017

A profe Isa non para e xa está mergullada buscando os diferentes e orixinais sons dos animais. Nesta ocasión coa axuda dos nenos e nenas de 5º agasallounos cun “baño sonoro” cheo de sons coñecidos ou descoñecidos que podemos apreciar polos nosos bosques unha tarde de outono. Foi toda unha experiencia sensorial tanto para grandes como para pequenos!

Anuncios

Este curso, a profe Cris, unha semana ao mes vai facer obradoiros coas diferentes aulas dos pequesreboreda. Nesta ocasión tocóunos a nós, os choquetes.

Como o samaín xa estaba aquí, ideamos facer un obradoiro de cociña. Unha cociña moi… sinistra!!!

Seguindo as instruccións da profe Cris, preparamos: vasoiras de bruxa, ollos de zombis, pantasmas saudables e bocatas de tumbas. Sinxelas e divertidas receitas para estes monstrosos choquetes. Mmmmmm… estaba todo…. DE MEDO!!!


Este ano no cole quixemos xuntar dúas celebracións moi interesantes para os peques, o samaín e o magosto. Antes do recreo queimamos os medos de todos os nenos e nenas do colexio, escoitamos a uns sinistros pandereteiros e pandereteiras. Ao rematar regresamos ás aulas para comer as doces rosquillas que nos regalou a ANPA, xogamos un pouco no recreo e, antes de dar por finalizada a xornada, tivemos tempo para comer castañas que gardamos nos nosos preciosos cestiños. Deixámosvos un vídeo que recolle retaciños deses momentos. Esperamos que vos guste!


Este curso, imos estar moi atarefados cun montón de actividades relacionadas co proxecto anual, “O reino animal”. Como primeira actividade, cada clase tivo que escoller unha mascota e facer un estudio sobre ela, e tamén tivemos que decorar a porta da clase con ela.

Para decorar a porta fixemos uns mouchiños moi simpáticos que vixiarán día e noite a clase dos choquetes. Empregamos diferentes técnicas e materiais plásticos para darlle unha forma orixinal a nosa porta. Ahí vos deixamos todo o noso proceso creativo.



A %d blogueros les gusta esto: