Archivo de la categoría: A TENDA

Os maiores dos peques de Reboreda, despois de varias semanas traballando na súa tenda, para finalizar o curso tiveron que baixar a un super de verdade para facer a compra de todo aquilo que nos ía a facer falla na última festa do curso, a festa dos aniversarios de verán.

Dividimos a clase por equipos, un era o encargado de mercar a froita, outro dos froitos secos, outro da bollería, outro das patacas, gusaniños, pelotazos,… e o quinto debería mercar galletas. Os exploradores tiñan moi claro a onde debían ir, a froitería, a panadería, aos diferentes corredores onde estaban os froitos secos, galletas e as lambetadas salgadas.

Cada equipo elexíu ao seu xefe, que sería o encargado de levar a carteira cos cartos do seu equipo. Cada equipo dispoñía de 5 euros, polo que deberían estar moi atentos a todo o que metían no cesto porque se se pasaban non lles ían a chegar os cartos. Foi moi interesante ver como cada equipo se organizou e como falaban entre eles para chegar a un acordo e facer así a mellor compra. En pucos minutos xa tiñan feita a súa compra e a verdade que moi ben feita, aínda que algúns tiveron algúns atrancos á hora de pagar porque non lles chegan os cartos, pero ahí estaba a profe cunha pequena axudiña para que todos poidesen levar a súa compra.

Mirade que ben o fixeron e que ben se administraron, xa son todos uns expertos en economía. Noraboa!!!

Anuncios

Xa fai algunhas semanas terminamos coa actividade da tenda dos exploradores. Nesta ocasión Hugo atendeuna como un gran profesional, axudando aos indecisos, recomendando as mellores compras para que lles chegaran os cartos, facendo moi ben as contas,…

Esta semana tiñamos unha motivación moi especial, xa que podíamos mercar algún caprichiño despois de mercar as nosas merendas. Foi incrible ver como cada equipo falaba e se organizaba para facer a súa compra. Algúns preferiron mercar por separado e sen caprichos, outros apartaron os cartos dos caprichos e logo repartiron o que lles sobrou para as merendas, e outros mercaron en conxunto a merenda e logo mercaron algún caprichiño. E como son uns SOLES….. ao final compartiron a súa compra especial con todo o grupo. Foi incrible!!! Mirade, mirade e non perdades nin un detalle…


Unha semana máis os exploradores compraron sen parar na súa particular tenda. Nesta ocasión atendeuna Lucía C.C. maxistralmente. Atendeu aos compradores indecisos con boas ideas, animou a aqueles que tiñan poucos euros a facer unha boa compra. Algúns equipos tiveron certos problemas á hora de repartir os cartos pero rapidamente atoparon unha sorprendete solución, mercar todos xuntos e así logo compartir a merenda. Foi xenial velos reolver os obstáculos tan ben!!!


Unha vez máis na tenda dos exploradores vivimos mil e unha experiencias. Cada día que pasa estes peques mercan moi ben. Facemos moi ben a lista da compra, algúns queren aforrar pero cando queremos mercar algún caprichiño…….. os aforros desaparecen, outros teñen que pedir axuda aos compañeiros máis aforradores, etc.

E que dicir da tendeira??? Esta tendeira estivo moi metida no seu papel, axudando a aqueles compradores despistados, moi atenta por se algúen marchaba sen pagar ou lle daba mal os cartos, asesoraba a aqueles indecisos,… Noraboa a tod@s!!! Cada día facédelo moi pero que moi…….. ben!!! Temos que ir pensando en complicar un pouquiño máis estas compras.


Fai uns días, Antón foi o novo tendeiro na tenda dos exploradores e fíxoo moi ben. Atendeu aos clientes con moita educación, fixo as sumas e axudou aos compañeir@s a facer as contas. Eiquí deixámosvos unha pequena mostra deses momentos. Parabéns a Antón e a todos os exploradores!!!


En pasadas semanas xa vos contamos un pouquiño de como íamos traballar na tenda dos exploradores, hoxe imos amosarvos como mercan e venden estes peques nun recuncho tan completo. Facemos sumas e restas, aforramos cartos para mercar cousas moi ricas á semana seguinte, compartimos moedas con aqueles que non lles chegan as moedas que teñen,…

Eiquí vos deixamos soamente un pequeniña mostra destes primeiros pasiños. Noraboa a Anxo, por ser o noso primeiro tendeiro e a todos os exploradores por facelo tan ben dende o primeiro día!!!!!


Semana a semana os exploradores vanse familiarizando co seu novo recurso e recuncho educativo, “A Tenda dos exploradores”.

Con tan pouco tempo de andaina xa facemos cousas incribles, é que………………………. estes exploradores non paran de asombrarme día a día.

Nesta ocasión vamos a mostrarvos como foron os nosos primeiros pasiños, presentación do recuncho, organización das merendas atendendo aos prezos (que eles mesmos puxeron dacordo coas súas propias preferencias, é dicir, os alimentos que máis lles gustaban eran os máis caros e aqueles máis comúns ou necesarios serían os máis baratos, así os caprichos sempre serán os que custen máis adquirilos) e finalmente aprendemos un montón sobre como facer o reparto das moedas acumuladas polo equipo ao longo da semana. Na seguinte ocasión vos amosaremos como mercan e venden estes peques tan emprendedores.

Isto si que foi un gran comezo!!!



A %d blogueros les gusta esto: