Archivo de la categoría: ACTIVIDADE INTERCICLOS

Os nenos e nenas de 5ºA, quixeron facernos viaxar a través dos sons ata un lugar moi especial, Hawaii. Os pequesreboreda soamente tiveron que tumbarse no chan da aula de psicomotricidade, baixar as luces, pechar os ollos e deixarse levar polos sons. Foi unha experiencia fantástica e moi relaxante!

Anuncios

A profe Isa non para e xa está mergullada buscando os diferentes e orixinais sons dos animais. Nesta ocasión coa axuda dos nenos e nenas de 5º agasallounos cun “baño sonoro” cheo de sons coñecidos ou descoñecidos que podemos apreciar polos nosos bosques unha tarde de outono. Foi toda unha experiencia sensorial tanto para grandes como para pequenos!


As miñas exploradoras de 5ºA, están enganchadas ao de contar historias e cada sesión que pasa fanno mellor, fanno xenial!!!

Nesta ocasión Andrea, tiña moitas ganas de dramatizar un conto que lle gustaba moito cando era pequerrecha, polo que animou ás súas compis e mira o que fixeron…

Son unhas grandes artistas!!!


Rematamos o trimestre volvendo a facer os talleres interclases que tan bo resultado nos están dando este ano. Preparamos 3 talleres: un de cine, outro de manualidades e outro de cociña e fixemos 3 grupos nos que había Pequeheroes, Choquetes, Apolos e Xirasois.

Os grupos pasaban 30 minutos en cada taller e ao rematar ían ao seguinte. Así aproveitamos para facer chocolate e cestos de pascua.
Despois do recreo contamos o conto do coelliño da pascua e fixemos unha búsqueda conxunta polo patio, xa que o coelliño apareceu por alí e deixou unha chea de ovos.
Xa cos cestos cheos comemos o chocolate que fixeramos pola mañá.
Foi un día moi intenso pero pasámolo xenial!!!


Lucía, achegouse a clase dos choquetes para compartir con eles unha nova historia fantástica, “Unha eiruga moi larpeira”. Narrou o conto coa axuda de Antía e Sheyla, que lle axudaron a mover a pequena eiruga que rillaba, sen parar, nas froitas e alimentos desta historia. Os choquetes tiveron que estar moi atentos porque Lucía despois do conto fixo un pequeno concurso para ver si recordaban algunhas cousiñas. Ao final Lucía agasallou con ricos caramelos a este público tan atento. Noraboa Lucía!!! Fixéchelo de 10!!!


Paula levou varios días preparando o seu conto con moita ilusión, ensaiando a súa narración e preparando uns títeres representativos do conto, como: pelostortos e pantasmas coa axuda dalgunha das súas compañeiras. Mirade que boa sesión de contacontos poideron disfrutar os pequenos choquetes. Graciñas a Paula, Antía e Carla por facer que cada día os contos nos gusten máis!!!


Este curso quixemos unir dúas das celebracións máis especiais para estes peques, o magosto e o samaín. Para esta gran celebración fixemos uns divertidos obradoiros, co profe Rosa fixemos uns cestos de castañas tan terroríficos que daba medo velos. Queredes ver canto traballaron todos os pequesreboreda, pois ahí vos deixamos uns recordiños…



A %d blogueros les gusta esto: