Archivo de la categoría: ACTIVIDADES LIM

Despois de traballar arreo coa pirámide alimentaria e de facer o buffet e o momento de repasar xogando.
Clicade para acceder ao xogo lim.

obuffet

Anuncios

A profe Mirentxu, a que seguimos no seu blog: www.laclasedemiren.blogspot.com tamén está a traballar a prehistoria e preparou esta actividade LIM que nos ven moi ben para repasar e aprender máis cousas dos trogloditas. Espero que vos guste. Clicade e a xogar.

 Dibujo


Un lim para xogar no entroido e repasar as letras. Clicade na imaxe para xogar.

disfraces kitty


Dende que comezou o curso estivemos aprendendo unha chea de cousas do corpo. Aquí vos deixo un xogo que os Cocoricos xa fixemos un par de veces onde podemos repasar, aprender cousas novas e divertirnos co noso corpo. Esperamos que vos guste. Clicade na imaxe e a xogar.

limcorpo


Levo unhas semanas facendo un curso sobre Filosofía de Pensamento. Tiñamos que deseñar unha actividade para a aula así que, aínda que non estou no cole, fixen está na distancia sobre un conto que me gusta moito para que poidades xogar un pouco. Tamén ten un apartado para profes onde podedes ver en que consiste a XOGAR A PENSAR. Espero que vos guste.


 

Como estas semanas estamos a traballar ao redor do famoso conto de Charles Perrault: “Carapuchiña vermella”, atopamos unha chea de recurso que nos poden axudar a descubrir novas formas de presentar o conto. Nesta ocasión vos deixamos un precioso LIM, de Ana Martínez Rey, no que podemos xogar, ler, contar,… dun xeito divertido e entretido. Esperamos que vos guste tanto como a nós.


Navegando pola rede atopei este LIM e lembreime do guapos que estabades no entroido, así que, facede memoria e a ver cantas cousas sabedes dos piratas, clicade e a xogar.



A %d blogueros les gusta esto: