Archivo de la categoría: AGRUPACIÓNS ESCOLARES

Os exploradores e os sínefos acudiron á casa do patrón coma viaxe fin de curso e alí atoparon moitisimas cousas interesantes da labranza, da vida dos nosos antergos, unha escola antiga,… Tamén participaron duns laboriosos obradoiros, pola mañá fixeron pan e pola tarde fixeron cerámica co barro.

E mentras tanto, entre visita e talleres, tivemos unha xornada de convivenza cos nosos amigos do cole de Casalonga, cos pingotas e os cocos. Con eles comemos e logo xogamos sen parar dunha carballeira moi particular.

Queredes saber que ben o pasamos, pois….. fixádevos ben que isto xa vai comezar!!!


Os nenos e nenas do cole de Vimbodí recibíronnos cunha obra de títeres moi especial, que fixeron en castelán para todos os profes de agrupacións, a lenda de Sant Jordi. Unha lenda moi similar á nosa lenda redondelana, que se está a celebrar estes días na nosa pequena vila.


Os peques do cole e os nenos e nenas do 3º curso do Santo Paio prepararon con moita ilusión uns preciosos marcapáxinas para os seus compañeir@s dos coles do proxecto de agrupacións escolares (ARCE), xa que nestes días as profes Luisa e Rosa estamos compartindo unhas xornadas cos nen@s e profes que participan neste proxecto.

Neste marcapáxinas quixemos amosarlles a nosa Coca “Simona”, e topámonos cunha grande sorpresa que eles tamén teñen a súa propia coca (dragón) cunha lenda moi similar á nosa.

Aquí vos deixamos unha pequena mostra da preparación e entrega destes orixinais marcapáxinas.


Dentro das actividades que tiñamos que facer dentro do proxecto de ARCE, era a elaboración dunha receita doutra comunidade. Grazas ás familias durante o primeiro trimestre estivemos recollendo as receitas máis típicas da nosa zona para elaborar un chulísimo recetario. Así todas as escolas do proxecto prepararon os seus recetarios para compartir con todas as escolas un anaquiño da súa gastronomía. Os peques de Reboreda quixemos probar un deses deliciosos platos e escollemos: “Delicias de Teruel”, porque era un dos máis sinxelos para facer cos nosos peques, ademáis dun almorzo moi nutritivo.

Empregamos pan, allo, tomate, aceite e xamón ibérico. Antes de comezar coa elaboración estivemos atentos á receita que nos deixaron os amigos de Teruel para saber moi ben como debiamos facela. Os peques sen problema puxéronse mans á obra e fixeron unhas delicias de Teruel realmente sabrosas. Estade atentos a este pequeno vídeo e non vos perdades detalle…

Pero antes de rematar……… cantamos e botamos foguetes en homenaxe aos cumpreañeiros. Noraboa aos cumpreañeiros e a estes grandes cociñeiros!!!!

No mes de abril Os Cococoric@s estivemos de celebración, xa que cinco amig@s cumpriron 4 aniños, ¡que maiores! Para festexalo decidimos elaborar unha deliciosa receita pertencente ao receteiro do nos@s amig@s de ARCE. Cada un dos receteiros elaborados foi o resultado dun grande traballo en conxunto dos colexios de Agrupacións e as familias, que aportamos numerosas receitas, que reflicten a tradición e a cultura de cada unha das zonas onde vivimos. Os peques de Reboreda escollemos unha receita sinxela, práctica e moi saborosa: “Delicias de Teruel” con ingredientes tan ricos como: pan, aceite, tomate e xamón ibérico. Durante os festexos atendemos á explicación, guiada pola receita que nos deixaron, realizamos unhas “Delicias” exquisitas e cantámoslle os parabéns aos cumpreañeir@s. Deixámosvos unha pequena mostra para que a desfrutedes ao igual que nós e animámosvos a que a elaboredes nas vosas casas. Moitas felicidades aos Cocoric@s Diego Toucedo, Alba, Marisa, Uxía e Teo e tamén aos amig@s cumpreañeir@s dos Waters, Exploradores e Sínefos. ¡Unha aperta!


Ola familias! Os Cocoricos e os Waters fomos de excursión ao Zoo de Vigo, xunto cos nosos amig@s da Escola de Casalonga (Teo), unha saída programada en conxunto e dentro do Proxecto de Agrupacións Escolares (ARCE). Foi un día para lembrar, pois estivemos moi ben acompañad@s por Luisa, a profe Loli, a profe Aida e o profe Esteban. Coñecemos moitos animais e poidemos desfrutar de fermosos momentos. Estamos a falar de animais moi coñecidos por nós comos os leóns, os trigres, os osos polares, as tartarugas, os tan temidos lobos… e de outros non tan coñecidos como os orix, o tejú, os muflóns, etc.
¡Esperamos que desfrutedes como o fixemos nós! ¡Unha aperta!


Os peques de Reboreda prepararon con moito entusiasmo uns paquetes moi especiais, cheos de libros, cds de música, vídeos, etc. das tradicións de cada un dos recunchos de España que participan con nós no proxecto ARCE de todas as agrupacións escolares.

Nos levabamos todo un trimestre traballando cos libros da maleta viaxeira que chegou ata o noso cole dende o CRA de Teo, e agora terá que voltar a viaxar ata a ZER de Lleida, ZER Baridà-Batllia. Así que preparamos varios paquetes e baixamos andando ata Redondela para entregar en correos estes grandes e pesados paquetes. Foi toda unha aventura!!! E despois reposamos un pouco nun dos parques da vila para merendar e xogar un anaquiño antes de regresar camiñando de novo ata a escola.

Menuda camiñata!!!


Dentro das actividades a realizar durante este curso co grupo de escolas de ARCE (agrupacións escolares) deseñóuse unhamaleta viaxeira que viaxará de escola a escola para ensinar a todos os nenos e nenas das escolas de Tarragona, de León, de Canarias, de Teruel,… unha chea de materiais, como: libros, cds, contos,… de cada un dos seus recunchiños. Deste xeito coñecerémolos mellor e descubriremos as súas costumes, celebracións da súa zona, folclore,…

Así foi a chegada da maleta á escola de Reboreda e así estamos a traballar con ela.



Os Cocoricos preparamos unha receita para os nenos e nenas de Agrupacións. É unha receita sinxela, rápida e deliciosa, que esperamos que fagades nas vosas casiñas. Pero antes queremos contarvos o proceso de elaboración.
Esta receita foi elexida entre todas as recibidas polas familias dos nos@s pequen@s. A súa escolla foi resultado de grandes deliberacións, unha receita moi enxebre e orixinaria de Redondela, Os Negritos.
Entre todos coñecemos os ingredientes, identificamos as cantidades, vimos o proceso de elaboración e coloreamos as letras do seu nome.
¡Deixámosvos unha mostra do traballo!


Días antes do Nadal, estivemos moi liados escribindo as cartas aos reis, escribindo felicitacións para os nosos amigos de clase e ademáis… recibimos correos dende lugares moi lonxanos. Nesta ocasión foron os nosos amigos de Teruel, os nenos e nenas do CRA Ariño-Alloza.

Enviáronnos fotos de cada unha das clases da súa escola, cos seus nomes, mails e direccións de skype para poder facer videoconferencias con eles, se o tempo e as novas tecnoloxías o permiten.

Graciñas amigos!!!

Click to play this Smilebox album de fotos
Create your own album de fotos - Powered by Smilebox
Create an album de fotos

Este año, dentro del proyecto de Agrupaciones Escolares decidimos hacer un libro de recetas propias de cada comunidad autónoma para compartir con toda la agrupación.En el cole de Reboreda preparamos 10 recetas con ayuda de las familias. Los Cocoricos y los Waters prepararon una por clase, Exploradores, Sínefos, O manatial de 3ºA y os Cativos da Reboraina prepararon 2 cada clase. Y aquí está el precioso libro de recetas. Esperamos que os guste.


Despois da recollida e recolección de receitas coa axuda das familias, escollemos dúas das máis típicas en Galicia, a bica e as filloas, bueno esta última era máis galega porque tratábase das filloas de sangue pero ao final decidímola cambiar porque como agora case xa non sae fan e para os nen@s galegos e para os nen@s de agrupacións resultaría unha receita moi estrana, ao final cambiamos a sangue pola leite e así podemos preparala sen poñer caras raras.

Deixámosvos un vídeo precioso no que todos participan e colaboran para dar forma a esta sinxela receita.


Durante varias semanas levabamos comentando cos pequenos o duro que é vivir sen auga, eles estaban moi concienciados xa que o curso pasado estivemos traballando no proxecto “Pinga a pinga”.
Estivemos todo un ano traballando coa auga pero… a auga non aparece. Está escondida, sen ganas de baixar a enchernos de alegría. As noticias non paran de falar de recortes no suministro, de situación de risco se non chove, do baleiros que están os embalses… e iso que nos somos unha comunidade rica en auga.
Por iso a actividade de hoxe ten máis sentido ca nunca, podemos poñernos na situación daqueles aos que a chuvia non chega durante meses, non teñen embalses, camiñan horas por unha xerra de auga… e, día tras día, a historia volve repetirse.
Por iso queremos dar as grazas a cada un dos participantes que trouxo unha pinga de esperanza en forma de libro e agora, imos trocar as nosas pingas por outras, sabendo que ese intercambio convertirase en chuvia para níger, chuvia que dará esperanza e novos horizontes a outros nen@s, que coma nos neste momento, non paran de ver para o ceo pedidno auga para a vida.
Ánimo e con estas pingas literarias, enchamos de auga de cores a Níger e os nosos redores.

OS WATERS

Boas, os waters tardamos un pouco pero xa estamos aquí. A actividade do mercadiño siolidario deunos moito xogo na clase xa que traballamos moitas cousas do proxecto do curso pasado e que da nome á nosa aula. Queremos compartilo con todos vós, ou polo menos unha parte importante de todo o traballo feito por cada pinga de auga que forman os waters. Saúdos.

OS SÍNEFOS

AQUÍ TENDES UNHA PEQUENA MOSTRA DE TÓDOLO QUE TRABALLAMOS PARA LEVAR A BO PORTO ESTA ACTIVIDADE, APRENDEMOS UNHA CHEA DE COUSAS E DISFRUTAMOS MOITO, PERO QUE MOITO; MIRADE CARIÑAS CON GAÑAS DE COMPARTIR.
O RESULTADO FOI FANTÁSTICO COMO PODEDES VER, E UNHA VEZ MÁIS TAMÉN GRACIAS A VÓS FAMILIAS.

OS EXPLORADORES
Así que………. puxémonos mans á obra e preparamos con esmero o cartel do noso posto do mercado, recollemos os donativos e eleximos un número que nos permitiría colocarnos ordeadamente nunha ringleira para ir trocar o noso vale por un libro. Así foi todo o proceso de preparación e desenvolvemento desta bonita actividade solidaria, á que tamén se uniron outros cursos da escola. Grazas a tod@s pola vosa pequena pero GRAN colaboración co pobo de Níger.

OS COCORICOS

Boas novas! O pasado venres, Os Cocoricos, quixemos formar parte duha grande labor solidaria. A organización dun mercadiño de contos, a través do cal se recadaron fondos para axudar aos nenos e nenas de Níxer, onde a auga é moi escasa. Tal e como podedes observar, non soamente doamos contos para que todos os poidamos comprar, senón que tamén lle axudamos á profe María a elaborar o cartel do mercadiño. Ademais aprendemos o importante que é a auga para os seres vivos e a necesidade de axudar aos que non a teñen. Esperamos que vos guste o noso traballo.

Un saúdo familias!


Aproveitando a visita dos mestres de Agrupacións Escolares ao noso centro, cada curso dos que participamos no proxecto preparamos unha foto con todos os nen@s da clase para que os profes dos outros centros levaran aos seus coles. Aquí vos deixo a presentación, que tamén vai estar no lateral dereito, coma o noso vídeo de presentación.

Vodpod videos no longer available.


Paula R levou o equipo para casa e investigando, investigando, atopou a webcam e descubriu que podia gravarse con ela. Non sei se foi moi consciente de que o vídeo ia gardarse  pero quedou moi ben.  Da xenio vela amosando o seu descubrimento na casa e ensinándonos a súa calidade coma bailarina.


Como sabedes este curso levamos a cabo o proxecto de levar os equipos para casa cun grande éxito. Por diversos motivos aínda me quedan fotos e vídeos dos que me mandastes coas vosas experiencias por colgar, así que, vou aproveitar  o verán para sacalos.

Aquí vos deixo a foto de Paula D e a súa irmán maior Alba.



A %d blogueros les gusta esto: