Archivo de la categoría: ANIVERSARIOS

Este mes quixemos facer unha orixinal celebración dos aniversarios de marzo e abril, como xa chegou a primavera e o sol estanos a acompañar estes días, collemos os biscoitos dos cumpreañeiros e fixemos un orixinal picnic no xardín do cole, baixo a vella laranxeira da escola. Que rica estaba esta merendola!!!


Un mes máis celebramos os aniversarios. Nesta ocasión David e Alba foron os afortunados. Aproveitamos o bo tempo para celebrar a festa fóra.
Mirade que ben o pasamos!


Coa chegada do entroido, nos aniversarios destes primeiros meses do ano, quixemos facer unha festa de degustación dos doces típicos destas datas. Preparamos unhas coroas moi amorosas e gozamos dunha festa moi doce. Parabéns a estes grandes choquetes!!!


Este mes xuntamos os aniversarios de novembro e decembro porque este mes queda moi curto polas vacacións de Nadal. Os Apolos acompañamos a Ainoa, Carla, Mauro e Teo e pasámolo moi ben.


Antes de rematar o ano e antes de chegar as vacacións do Nadal, fixemos unha única festa de aniversarios, xuntando aos do mes de novembro e os do mes de decembro. Decoramos as coroas e merendamos ricos biscoitos. Ahí vos deixamos recordiños destes momentos.


Un mes máis celebramos os aniversarios dos pequesreboreda e pasámolo moi ben compartindo risas, biscoitos, baile e, como non, piñata!!!


Kira e Vicent, xa teñen 4 aniños!!!

Prepararon con ilusión a súa coroa e celebraron cun gran banquete o seu aniversario xunto a todos os pequesreboreda. Logo como remate final Kira e Erika, a súa nai, quixeron agasallarnos cun pequeno concertó de pandeireta, no que os choquetes daban palmas e ata bailaron. Un biquiño enorme para Kira e Vicent!!! E moitas grazas a Erika por estar sempre disposta a pasar un ratiño entre nós.



A %d blogueros les gusta esto: