Archivo de la categoría: ANTROIDO

Un ano máis no cole celebramos o entroido por todo o alto. Nesta ocasión e aproveitando o tema de centro disfrazámonos de superheroes. Os peques escolleron a Lady Bug e Chat Noir. Coma sempre as familias axudáronnos a facer os disfraces e na aula fixemos os complementos. Con todo listo e despois de merendar en familia saimos a desfilar por Reboreda. Clicade na imaxe para ver o vídeo

MOITAS GRAZAS AS FAMILIAS POLA SÚA COLABORACIÓN E PARTICIPACIÓN. ASÍ DA GUSTO!!!

Anuncios

Meco feito pola avoa de Alexia dos Choquetes (Moitas grazas)
meco-1


Estamos gratamente sorprendidos pola participación das nosas familias en cada una das actividades que lles propoñemos porque sempre nos deixan sen palabras. Tivemos doces tradicionais galegos, como: orellas, filloas, roquillas de anís, bica,… Pero tamén tivemos doces de Valencia, como son os buñuelos, doces de Marrocos como son as facas e outros doces galegos que viñan dende Ferrol como son as tradicionais torrijas de leite e canela.

 

GRAZAS FAMILIAS POLA VOSA INCONDICIONAL COLABORACIÓN!!!


A semana de entroido foi moi intensa e tivemos moito traballo preparando os disfraces e a degustación gastronómica… pero, aínda así, sacamos tempo para pasalo ben facendo uns orixinais antifaces. Para iso tivemos que facer unha chea de cousas: picar, cortar, montar coma un puzle, pegar e decorar.
Mirade que chulos quedaron!


Fai un par de anos varios mestres fixemos un LIM COLABORATIVO sobre o entroido. Estes días estivemos xogando con el. Se queredes aínda lle podedes dar un volta na casa.

 entroido


Este ano os pequesreboreda decidimos disfrazarnos de “Peque Mercado”, así que cada aula escolleu un posto e disfrazouse del. Os Apolos escollemos os horteláns e traballamos arreo durante dúas semanas para sacar adiante os nosos traxes. Un ano máis contamos coa axuda das familias que cortaron, pegaron e montaron mandís e enchéronse de cortar froitas e verduras en goma eva. Logo na clase cada Apolo montou o seu mandil e a súa cesta ao seu gusto, e así quedaron.

E chegou o día do desfile, preparación, maquillaxe e listos para dar un pequeno paseo por Reboreda. Despois sesión de baile, orellas que nos agasallaron dende a ANPA e xogos na aula.

BO ENTROIDO A TODOS!!!

 


Van rematando estes días de descanso pero quedábanos pendente amosarnos o ben que o pasamos o pasado venres antes do desfile. Despois das rutinas da mañá vimos un capítulo de Peppa Pig onde se poñían roupa de papá e mamá que había nun baul.

E resulta que na clase dos Apolos había un baul con disfraces do que nunca nos deramos conta, así que investigamos o que había dentro e comezou o noso particular desfile de disfraces. Os Apolos pasáronno xenial, bailamos, rimos, xogamos ao pilla-pilla… e despois de tanto esforzo merendamos unha riquísimas ourellas coas que nos agasallou a ANPA.

Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
Slideshow created with Smilebox

Collede forzas porque mañá volvemos ao cole!!!



A %d blogueros les gusta esto: