Archivo de la categoría: APRENDIZAXE COOPERATIVA

Lembrades os nosos robots de cartoliña?

Pois os Apolos deron un paso máis.  Por equipos fixeron un deseño en papel sobre o robot que querían construir, fixeron unha lista de materiais que se repartiron para traer da casa e, ao día seguinte, iniciaron o proceso de construcción.

E sabedes que… mellor mirade!

Anuncios

A semana pasada celebramos a semana das lentellas, os coquiños fixeron una presentación preciosa falando das variedades e do orixe das lentellas. O venres, foi o turno dos pequesreboreda para preparar e degustar platos feitos con lentellas. Os peques para esta ocasión invitaron a Santos, o pai da profe Cris, para axudarnos a preparar a nosa receita, xa que Santos é un gran cociñeiro. Queredes ver a estes peques traballando cóbado con cóbado con Santos? Pois mirade que traballo tan bonito fixeron todos xuntos, unha receita colaborativa.


Esta semana estamos moi, moi atarefados.

Comezamos a semana preguntando que era un bufet. A palabra era moi difícil e non eramos quen de pronunciala ben así que tivemos que facer un “chuleta” na man para poder preguntar na casa que era iso.
Logo debatemos sobre o tema e unha vez que todos o tiñamos claro decidimos organizar un bufet para o almorzo no cole do venres.
Non vos adianto máis. Escoitade os Apolos que o explican moi ben e da xenio velos organizando as tarefas!!!


Xa vos ensinara no mes de novembro que este ano estamos traballando a lóxica matemática de xeito manipulativo. Cada semana temos un taller de mates no que xogamos para mellorar nosa competencia matemática.
A miña idea era ir publicando cada semana as actividades pero, a realidade e que fun publicando outras cousas e as actividades máis cotiás funas deixando.
Aquí vos deixo algunha das que fixemos para que vexades coma funcionan os talleres. En primeiro lugar vos amoso como facemos series, tamén os xogos de mesa nos que imos rotando por equipos, o aparcamento de fichas de dominó e, por último, contando coas troqueladoras.
A ver se neste trimestre me organizo e fago a publicación semanal coma corresponde.


Estamos nun mes moi especial para os nenos e por iso o noso almorzo tamén foi especial.

Decidimos xuntar os lácteos, os cereais e as proteínas do noso almorzo e un dos xeitos que máis nos gustou foron as tortitas así que, un mes máis, puxémonos mans a obra.
Primeiro cada equipo decidiu con que ian a acompañalas, preparamos os paneis cos menús e fixemos as notas para casa.
O día do almorzo tivemos que cociñar e preparar os recheos. Unha vez que tivemos todo listo démonos unha enchenta.
Unha vez máis teño que darlle as grazas a coidadora do centro que nos axudou moitísimo para que o almorzo fose un éxito.
No vídeo podedes ver o día do almorzo, as actividades previas e as posteriores.


Chegou o día de cociñar as fabas. Puxemos os nosos gorros, o mandil ben axustado e mans a obra. Os Apolos foron os primeiros en cociñar e fixemos “Feixóns ao estilo dos Apolos”. Coquiños e Xirasois tamén fixeron as súas receitas e logo xuntámonos todos para comer.
Moitos papás/mamás de seguro que non darían crédito se visen aos seus peques comendo e disfrutando coas legumes. Foi unha xornada preciosa, disfrutando do pracer de cociñar, aprendendo dos compañeiros e compartindo uns pratos que quedaron exquisitos. Todos os peques probaron os feixóns e practicamente todos os comeron sen problemas.
Aquí tedes un resumo.

A experiencia foi xenial! Un deses días nos que unha alédase moitísimo de adicarse a esta profesión porque disfrutas dende o primeiro minuto que estás no cole ata a hora de marchar.

Por certo que aínda que deixamos aquí o relato das nosas aventuras cos feixóns, seguimos traballando o resto da semana con eles, vimos os murais dos outros cursos, aprendemos máis cousas dos feixóns, escribimos na aula a receita…


No mes de xuño, antes de rematar o curso decidimos que neste curso, ademais de traballar sobre hábitos saudaveis para os nenos, iamos traballar as legumes porque o ano 2016 é o ano internacional das legumes. Falamos de que sería moi interesantes traballar nas aulas as legumes, preparar murais e cociñalas na escola para que os nen@s disfrutasen de pratos de culler que agora non son tan habituais nas nosas casas. Escollemos 3 legumes, unha por trimestre.
Así que esta semana adicámola a primeira das legumes que imos traballar: OS FEIXÓNS.
A finais de xuño a profe Luisa de 5º prantou os feixóns na horta e subiu ao cole durante o verán para coidalos. O volver os nen@s foron eles os que seguiron con este traballo.
Os Apolos comezamos o noso proxecto sobre os feixóns recolléndoos na horta.

Descubrimos que tiñamos varios tipos así que empezamos a investigar sobre eles. Ao final xa eramos uns expertos e pareceunos que sería boa idea compartir o que sabiamos cos CHOQUETES, cos COQUIÑOS e cos XIRASOIS.
Os Apolos fixéronno xenial, non podería estar máis orgullosa.

E isto é so o principio!!!



A %d blogueros les gusta esto: