Archivo de la categoría: ASEMBLEA

OS COCORICOS B ESTAMOS TRABALLANDO OS OFICIOS DENTRO DO PROXECTO DE REDONDELA. O PRIMEIRO OFICIO QUE ESCOLLEMOS POR UNANIMIDADE FOI SER MAGOS.

ELOY, UN MAGO DA ZONA VISITOUNOS FAI UNS MESES E DEIXOUNOS MARCADOS… AQUÍ VOS DEIXAMOS UNS VÍDEOS DO QUE NECESITAMOS PARA CONVERTERNOS EN MAGOS E A ACTUACIÓN DO MAGO ELOY Á QUE ASISTIMOS OS COCORICOS A E B!

Anuncios

NESTE PRIMEIRO TRIMESTRE, COINCIDINDO COA PARTE DO PROXECTO DA NOSA CONTORNA: O MEDIO NATURAL, OS COCORICOS B COMEZAMOS A COÑERCER AS ÁRBORES QUE NOS RODEAN. LUCÍA P. TROUXO AO COLE UNHAS LANDRAS E ASÍ COMEZOU O NOSO TRABALLO. CADA COCORICO APORTOU, COA AXUDA DAS FAMILIAS, FROITOS E FOLLIÑAS QUE EXPLICAMOS NA CLASE ASÍ DE BEN:


A semana pasada a nosa protagonista foi Sandra. Contounos unha chea de cousas e vimos vídeos dela bailando nas festas. Pasámolo moi ben vendo as súas fotos e escoitando as súas explicacións. Sandra fíxoo moi ben e gustounos moito escoitala.

Despois fixemos o que tocaba: facer a silueta, medila, pesala, debuxala… e unilo todo nun libro.


Mes novo e coma xa din os Cocoricos, calendario novo. Este mes introducimos o control da temperatura, dentro e fóra da aula. Para iso puxemos dous termómetros, un dentro e outro fóra e puxemos unha nova páxina no calendario da pantalla onde escribir a temperatura. O encargado fíxoo moi ben. Na mesa tamén puxemos a temperatura no noso calendario.
Pero, ademais, fixemos a nosa primeira estatística climática. Fixemos unha copia do control atmosférico que facemos nas rutinas diarias e tiñamos que interpretala. Para iso contamos os días que fixo sol, os que fixo nublado… Contamos tamén os días que anotamos o tempo e os que non. Cada mes iremos complicando un pouco o control, así traballamos as mates aproveitando algo tan cotiá coma o tempo. Os Cocoricos fixéronno xenial. Mirade, mirade!


Os Cocoricos pasamos toda a semana traballando os números, así que, para compensar tanta saturación, propúsenlle un xogo matemático para que usasen a cabeciña e cuestionaran o aprendido. Foi divertidísimo velos darlle voltas a todo e, estade atentos ao vídeo porque hai solucións moi creativas.


Este ano tócamos aprender moitas cousas do noso corpo. Empezamos estes días pola nosa cara e, xurdiumos unha pregunta, que son as legañas? Sentámonos a pensar e a falar un pouco do tema. Aínda estamos moi verdes e cando nos deixan pensar non temos moi claro que facer pero está ben que vexades este primeiro vídeo para comparalo máis adiante e ver como medraron e aprenderon estes peques.



Os Cocoricos son uns meniñ@s moi faladores, tódolos días teñen algo que lle contar á profe. E despois das Festas da Coca, non podían parar de facelo. É por isto que vos deixo uns pequeniños relatos das súas historias. Algúns falan moito e cóntannos grandes aventuras, outros… non tanto, dalles moita vergoña, soamente din catro palabriñas, pero as que din son moi importantes. ¡ESCOITADE, ESCOITADE!



A %d blogueros les gusta esto: