Archivo de la categoría: ASPECTOS MUSICALES

Este ano os pequesreboreda no “Festival de Inverno” convertémonos nuns simpáticos bonecos de neve e puxemos as nosas gorxas a traballar.
Mirade que ben o fixeron!

Así viron o festival os choquetes


Despois do período de adaptación, os choquetes xa comezaron a asistir a clase de música, de inglés, de psicomotricidade,… Nesta ocasión a profe Isabel (música) fixo unha clase especial dentro da clase dos choquetes. Presentáronse, tocaron maracas para responder a consigna dada, e bailaron coas partes do corpo aínda que ás veces quedaban conxelados. Queredes ver que ben o pasaron, pois silencio… que o baile vai comezar!!!

 


Todos os días acontecen cousas singulares que me sacan un sorriso e fanme disfrutar moitísimo cos Apolos. A semana pasada David veu entusiasmada cunha canción que bailaba na súa casa e se chamaba “Señorita”. Quería que a buscara no ordenador para ensinarlle aos Apolos a bailar. Así que antes de marchar para casa buscámola. Puxémola e estaban todos moi, moi atentos. Aquí vos deixo o que pasou cando me pediron que a volvese a poñer.

SON XENIAIS!!!

 


A semana pasada celebramos os aniversarios do mes de setembro. Este ano temos novidades e en lugar do taller de cociña creativa que fixemos os anos pasados decidimos probar a facer un día máis lúdico e con máis sensación de festa para isto pedimos a axuda das familias e este mes deixástenos impresionados. Ademais de axudarnos a decorar e traer os biscoitos, a mamá de Kira tocou e cantamos todos xuntos, o papá de Vicent e a nai de Andrea prepararon un xogo de psicomotricidade xenial onde todos nos convertemos en cabalos. E despois tivemos PIÑATA!!!
Foi un día xenial!


Un ano máis tivemos a sorte de pasar un ratiño con dous grandes artistas, Ana Area e Xose Anxo Xesteira. E como este ano estivemos a traballar a arte e os artistas, que mellor fin de festa da man dos nosos amigos. Explicáronnos a vida dos artistas e poidemos deleitarnos coas súas cancións. Pasámolo xenial cantando e acompañándoos coas palmas en cada una das súas cancións!


O pasado mércores, víu a visitarnos, Erika, a profe de pandereta de Daniel. Víu cargadiña de uns instrumentos moi particulares e importantes no noso folclore. Trouxo: canas, cunchas, panderetas, castañolas, pandeiro, pitos, latas de pimentón,… Erika estivo moi ben acompañada por Daniel, Kira e tamén dos Sapiens e dos Apolos. Mirade as súas cariñas… estiveron superatentos e daba gusto velos. Noraboa a Erika, por unha clase tan orixinal e parabéns a Daniel por traernos a unha gran artista ata a nosa aula.


Seguindo coas visitas a aula do portfolio dos artistas, a semana antes de irnos de vacacións tivemos unha visita moi especial, o padriño de David veu a ensinarnos a súa arte. É músico e veu cargado con 30 instrumentos de diferentes partes do mundo para achegarnos ao inmenso universo sonoro. A verdade é que o fixo xenial e pasámolo moi, moi ben.

Pero despois de ver tantos instrumentos Nico colleu o seu acordeón e, despois de verlle as tripas, fixemos unha sesión de baile divertidísima. Tiñamos que bailar nena con nena, parellas, coas frontes pegadas e ata de cú. Antes de rematar puidemos tocar os diferentes instrumentos.

Aprendemos moitísimo!!!

MOITAS GRAZAS A NICO POR VIR VISITARNOS E POR PREPARAR TAN BEN A SESIÓN, FOI SUPER INTERESANTE!!!



A %d blogueros les gusta esto: