Archivo de la categoría: AUDICIÓN E LINGUAXE

Durante o segundo trimestre non colgamos apenas vídeos de bimodal porque, coma xa vos contara, estabamos metidos nun gran proxecto. Agora podo desvelarvos que ese proxecto foi preparar o conto de Cocorico en bimodal. A profe Alejandra, antes de marchar de baixa maternal deixounos gravado o conto con signos e durante este trimestre, con axuda da profe Alicia (sustituta de Alejandra) e do profe Brais preparamos todo ese vocabulario, adaptamos o conto e, finalmente, gravámolo. Coma fixemos unha chea de actividades e temos bastante material aquí vos deixo un wix co resumo do que fixemos. Espero que vos guste. Clicade na imaxe e navegade por todas as páxinas para ver que fixemos, tamén atoparedes algunhas sorpresa.

WIXCOCORICO


Unha vez máis seguimos coa profe Patri mellorando o dominio da lingua. Nesta ocasión usamos o conto dos “Tres Porquiños” para exercitarnos.


A profe Patri, na sesión de estimulación da linguaxe, seguiunos contando as aventuras de Vermiño e os seus amigos. Por fin, despois de moitos días de camiño os animais chegaron a granxa e tiveron que axudar a Lúa a coidar dos animais. Así é un día de traballo na granxa de Lúa.


Esta semana apareceu unha nova personaxe no conto de Vermiño, a egua Estreliña que hacía un ruído moi curioso ao cabalgar e tiña moitísima forza nos dentes.

Despois das aventuras de Estreliña xogamos ao xogo de Vermiño, separando as palabras longas das curtas mediante o palmeo.


Na sesión de estimulación da linguaxe desta semana, a profe Patri traballou cos Cocoricos a chegada do inverno. Vimos un vídeo moi chulo que conta coma chega o inverno coa música de Vivaldi de fondo e logo tivemos que soprar con aire quente ou frío.
Deixovos o conto do inverno:

E así nos quedou a sesión.


A semana pasada as personaxes do conto da profe Patri estiveron de celebración. O señor Vermiño cumpria 5 anos. Os Cocoricos axudánrolles a soprar as candeas pero…


O venres os peques de Reboreda puideron asistir a un contacontos moi especial. Camilo, membro da asociación de xordos de Vigo, contóunos o conto “Un culete independiente” utilizando a linguaxe de signos xa que moitos dos peques xa son todos uns expertos na linguaxe de signos. Pero xa non digo nada máis para que vexades que atentos e participativos estiveron todos os peques.



A %d blogueros les gusta esto: