Archivo de la categoría: BIMODAL

Este ano para o día da Paz imos cantar a canción “Eu teño alguén no meu corazón” de María Fumaça que podedes atopar no seu último álbum: “Xiqui, xoque Fiú, fiú”, publicado pola editorial Galaxia, na súa colección sonárbore.


A semana nas clases de bimodal aprendemos moitísimas cousas. Por unha banda tivemos tema novo: as partes da casa.

Despois de repasalas e xogar ao bingo para que nos quedasen mellor, a profe Alejandra propúxonos un xogo moi divertido e co que aprendemos unha chea; o xogo da verdade ou mentira. Ela dicía unha frase en signos e tiñamos que dicir se era verdade ou mentira e traducila. Parece sinxelo pero é unha actividade moi, moi difícil e os Cocoricos fixéronno xenial. Despois ata se atraveron a facer eles as frases. A profe Alejandra máis eu quedamos moi sorprendidas!!!


NO COLE ESTAMOS REALIZANDO DIFERENTES ACTIVIDADES PARA CELEBRAR O DÍA DE ROSALÍA. OS COCORICOS A E B, XUNTO CON OUTROS NEN@S DO COLE E COA PROFE ALEJANDRA SIGNAMOS ESTE POEMA DE ROSALÍA:

ADIÓS RÍOS, ADIÓS FONTES.


Tiña pendentes un par de clases de bimodal dos venres. Aquí volas deixo. Por unha banda, signos relacionados co DÍA DA PAZ.

Por outra banda, signos relacionados co AMOR. Agora a seguir practicando na casa.


Dende fai unhas semanas nas clases de bimodal ademais de xogar aos lotos (bingos) de vocabulario, aprender novos signos e repasar algúns outros, estamos a traballar gramática. Trátase de explicarlle aos nen@s e sempre tendo en conta a súa idade coa funciona unha lingua, neste caso a LSE e coma a posición dos signos e similar, o que muda é o movemento.

Para iso a profe Alejandra explicounos coma moitos signos parten da posición de A e estivemos vendo que sabiamos moitos nesta posición. Despois tamén falamos doutras posición que non necesariamente forman letras porque non todos os signos parten das letras.

A partir dese momento os Cocoricos entusiasmáronse polo tema e decidimos seguir investigando.

Aquí vos deixo un adianto.


A semana pasada estivemos repasando os alimentos e a familia pero volvemos a facelo a través de frases. Os Cocoricos fixérono moi ben e agora vos tedes a oportunidade de practicar con eles.


Esta semana nas clases de bimodal traballamos moito. Pero a primeira clase poréivola máis adiante porque é un traballo que imos ir completando na aula pouco a pouco. De momento déixovos un pequeno repaso dos transportes e animais pero incorporados en frases moi sinxelas.



A %d blogueros les gusta esto: