Archivo de la categoría: CELEBRACIÓNS

O día dos xogos foi un día moi intenso para os pequesreboreda. Primeiro tiveron que baixar a Redondela para asistir un ano máis ao festival de títeres, de volta á escola xogamos, bailamos e divertímonos nos tradicionais xogos que aparecían polos diferentes recantos do patio dos maiores. Deixámosvos uns pequenos vídeos para que vexades que ben xogamos.


O pasado luns demos comezo a semana das letras galegas co izado de bandeiras, un pequeno repaso á vida e obra de Carlos Casares e para rematar o grupo “O carballo das cen pólas” amenizaron ese primeiro día con cánticos e bailes moi propios da nosa Terra. Mirade que ben o pasamos!


Os choquetes estaban encantados porque moitos papis, mamis, avós, avoas,… quixeron vir a ler con nós na lectura silenciosa. Como era un momento especial, quixemos facelo tamén de forma especial polo que collemos os libros e saímos ao patio, buscamos una boa sombra e una pouca de herba para acomodarnos no chan e pasar 20 minutiños lendo sen parar. Foi un momento moi máxico pero non volo vou dicir eu… mirade este vídeo e quedaredes prendados das fotos tan bonitas que roubamos a eses momentos.

GRAZAS, GRAZAS, GRAZAS… FAMILIAS!!!

SEMPRE TAN ATENTAS, SEMPRE TAN ENTREGADAS, SEMPRE TAN CERCANAS!!!


A profe Lidia sempre ten grandes ideas e planificou cos seus alumnos e alumnas de 4º B un conto que nos presentaron de forma moi orixinal, aos choquetes e aos apolos, na aula de psicomotricidade para celebrar a semana do libro. Estabamos tan atentos que nin pestanexamos. Dicían que case non tiveran tempo para preparalo pero… fixeronno XENIAL!!!

Que? Xa estades ansiosos para velo, non? Pois atentos, atentos…. que isto xa comeza!!!


O último día antes de marchar de vacacións de pascua, fixemos uns entretidos obradoiros. Coa profe Vero fixemos piruletas de chocolate, co profe Esteban vimos cortos animados de pascua e na clase dos choquetes, coa profe Aida, a profe Rosa e coa profe Lara ( que sorpresa de visita), fixemos manualidades primaverais, decoramos ovos e fixemos unha cestiña. Na hora de ler, escoitamos no patio, da man da profe Vero, unha fantástica historia do coelliño de Pascua e para rematar… cada peque colleu o seu cestiño e buscou e rebuscou por todo o patio os ovos de chocolate e chocolatinas que o coello deixou agochados mentras escoitabamos a súa historia. Que día máis bonito!!! Estivemos entretidos toda a mañá!!!


Este mes quixemos facer unha orixinal celebración dos aniversarios de marzo e abril, como xa chegou a primavera e o sol estanos a acompañar estes días, collemos os biscoitos dos cumpreañeiros e fixemos un orixinal picnic no xardín do cole, baixo a vella laranxeira da escola. Que rica estaba esta merendola!!!


Rematamos o trimestre volvendo a facer os talleres interclases que tan bo resultado nos están dando este ano. Preparamos 3 talleres: un de cine, outro de manualidades e outro de cociña e fixemos 3 grupos nos que había Pequeheroes, Choquetes, Apolos e Xirasois.

Os grupos pasaban 30 minutos en cada taller e ao rematar ían ao seguinte. Así aproveitamos para facer chocolate e cestos de pascua.
Despois do recreo contamos o conto do coelliño da pascua e fixemos unha búsqueda conxunta polo patio, xa que o coelliño apareceu por alí e deixou unha chea de ovos.
Xa cos cestos cheos comemos o chocolate que fixeramos pola mañá.
Foi un día moi intenso pero pasámolo xenial!!!



A %d blogueros les gusta esto: