Archivo de la categoría: CONMEMORACIONS

No cole celebramos o Día das Letras Galegas dun xeito moi lúdico, adicamos a xornada a xogar. Empezamos o día con entrega de premios da biblioteca, recollida de material escolar para a ONG DA MAN e despois, A XOGAR.
En cada recuncho do patio hai un xogo distinto no que pasar un bo rato. Moitos deles son xogos tradicionais que nos achegan aos nosos pais e avós e outros son xogos intemporais que nos encantan coma o xogo das sillas.
Nun e noutros pasámolo xenial, senón vede a cara de felicidade que teñen os Apolos.

Anuncios

Estes días estivemos moi entretidos preparando varias actividades de amizade para o día da paz. Comezamos preparando o noso trociño de corazón para o mural do cole coas cousas máis bonitas que levamos no noso corazón, tamén aproveitando que na biblioteca do centro ían facer caramelos da paz con bonitas mensaxes para os amigos, os sapiens crearon uns orixinais caramelos, con sabores moi especiais e cunha mensaxe no interior moi tenra. E chegado do día 30 de xaneiro finalizamos os actos cunha sinxela frase de paz. Ahí vos deixamos algún deses momentos.


Todos os días da semana, neste curso, na bibio imos ter direferentes actividades de animación á lectura e os venres teremos diferentes actividades que se preparen dende as aulas, como: contacontos, teatro, poesía, maxia, … Os últimos venres de cada mes estarán adicados aos concertos musicais. Nesta primeira ocasión, e para dar comezo a nova tempada da bibio, “Os Landriñas”, o pequeno grupo de pandereteiros e panderetairas da escola quixeron agasallarnos cun concertó moi especial. Aquí vos deixamos unha pequena mostra deses minutiños de concertó na biblio. Noraboa Landriñas!!! Xa sodes todos uns artistas!!!

 


Este ano tivemos unha celebración moi especial polo día do libro. Comezamos a mañá cunha pequeña homenaxe aos grandes escritores. Españois, do mundo e, como non, de Galicia e de Redondela. Foi un acto sinxelo pero moi especial.

Na hora de ler, quixemos facer unha lectura diferente e nuns espazos diferentes, polo que sacamos os libros aos corredores e todos xuntos gozamos dunha sesión lectora diferente e particular.

Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
This picture slideshow customized with Smilebox

O día, 30 de xaneiro todos os nenos e nenas do cole de Reboreda, saíron ao patio para celebrar o día da paz, leron poemas pacíficos, cantaron a canción de María FumaÇa, “Alegría”, soltaron pombas e luciron unha chea de globos de cores decorados de moitas formas diferentes. Así, os sapiens participaron unha vez máis nas celebracións do cole.

Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
Personalize a free photo slideshow

Esta semana que entra imos celebrar o día da PAZ. A nosa amiga Belén Junquera creou este symbaloo cheo de recursos para poder traballar esta data. Aquí volo deixo. Unha vez máis, moitas grazas Belén.
pazsymbaloo


BOS DÍAS, QUEDOUNOS ATRÁS O PRIMEIRO MAGOSTO DOS COQUIÑOS E NON QUEREMOS QUE DEIXEDES DE VER O BEN O QUE PASARON ELABORANDO O SEU CESTIÑO DAS CASTAÑAS E DISFRUTANDO DOS XOGOS E AS CASTAÑAS. CADA DÍA ESTÁN MÁIS ASENTADOS NA AULA E MÁIS TRABALLADORES. AQUI VOS DEIXAMOS O VÍDEO (HOUBO UN PROBLEMA COA MÚSICA QUE REMATA ANTES DE TEMPO QUE NON SE PUIDO SUBSANAR. DE TODOS MODOS ESPERAMOS QUE VOS GUSTE).



A %d blogueros les gusta esto: