Archivo de la categoría: CENTRO MEDICO

Conchi, a mamá de Martiño, estivo esta semana na clase dos sapiens para explicarlles e revelarlles todos os segredos do sangue. Ela dicía que estaba algo nerviosa pero nada diso, fíxoo xenial!!!

Explicounos que no sangue temos: glóbulos vermellos, glóbulos brancos, plaquetas, auga, osíxeno,……. e debemos coidalo moi ben para que non entren os virus e bacterias senón… estaremos maliños. Fixemos unha análise de orina e comprobamos como ían cambiando as cores nuns papeliños que trouxo. Tamén aproveitamos para buscar o pulso e así notar os latidos do corazón na nosa man. Nunha fermosa presentación ensinounos como era o laboratorio onde traballaba. Había un milleiro de aparatos moi raros, como microscopios, unhas lavadoras que ían moi, moi… rápido pero que non lavaban roupa soamente analizaban o sangue. Había uns aparellos que tinxían o sangue e así ver mellor todos os seus elementos polo microscopio. Unha das cousas que nos chamou moito a atención era que todo estaba moi, moi limpo e que había moitos produtos de limpeza pero Conchi xa nos explicou moi ben o porqué.

Queredes ver a Conchi a aos sapiens nesta actividade tan enriquecedora. Pois atentos, atentos…… que ahí vos deixamos dous vídeos porque foi imposible resumilo máis.

Anuncios

Pouco a pouco os sapiens están máis contentos e entregados no recuncho dos médicos. Cada vez que van xogar a el déixanme coa boca aberta porque parecen uns verdadeiros especialistas. Agora complicámolo un pouquiño máis, é dicir, o médic@ ten que escribir únha sinxela historia médica do paciente (por o nome do paciente, idade, data da consulta, síntomas e a firma do doutor), facer a exhaustiva exploración e para finalizar facerlle unha sinxela receita (na que ten que aparecer o nome do médico, o nome do paciente e a medicación). Pero para que o noso recuncho fose máis máxico e moito máis motivador, agora tamén temos uns fermosísimos traxes de médico e enfermeiro.

Vouvos a deixar un vídeo con todas as consultas que xa fixemos e todos os grupos que participaron nelas e logo xa me diredes vos se teño ou non razón…


Gustáronvos as fotos? Queredes ver máis? Pois atentos, atentos que isto soamente está a empezar.

Na primeira consulta, estes sapiens, conseguiron deixarme coa boca aberta e a Luisa tamén. Fixérono como uns expertos profesionais. O doctor Íker estaba moi serio e concentrado porque a súa labor así o requería e a enfermeira Julia, moi atenta seguía as instruccións do doctor. E que dicir dos pacientes!!! esperaron pacientemente na sala de espera sen rechistar e moi concentrados en lecturas variadas.

As exploracións foron moi completas: Analíticas, vendaxes, observacións de oídos, gorxa, tomas de febre, medidas de altura e de peso, ascultacións do corazón,… Ahhhh, xa estades desexando velos en acción??? Pois clicade xa neste vídeo tan chulo porque os sapiens tamén vos queren deixar a vós coa boca aberta…


Levabamos días dándolle forma a un novo recuncho e por fin chegou o día esperado. Mirade que xeitosiña quedou a nosa consulta médica, con sala de espera e todo!!!

Graciñas tamén as familias dos sapiens por axudarnos e aportarnos tantos materiais para que a nosa consulta fose unha realidade. Aínda quedan algúns pequenos detalles por dar forma porque ás veces non caímos na conta de todo ata que todo comeza a cobrar vida.

Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
Photo slideshow personalized with Smilebox

Lembrades cando veu a mamá de Martín a visitarnos? Coma xa vos comentara tiñamos máis da visita pero o gardaba para máis adiante. Pois chegou á hora de compartilo. Meri axudounos a escaiolar ao noso bebé que levaba moitos días pachucho e con dores nunha perna. Aprendemos moito, logo tivemos que coidar do bebé e, coma andaba un pouco triste, aproveitamos para decorarlle o xeso.


O material para o centro médico segue chegando e tivemos a sorte de recibir un fonendoscopio de verdade, traxes de médico, mascarillas… Así que decidimos facer unhas prácticas de médicos. Aínda nos custa un pouco e estamos super nervioso porque ser doutor é toda unha responsabilidade. Pero, para ser a primeira vez estivo moi interesante ver a estes pequenos doutores e pacientes meterse no papel. Fixen unha selección dalgunhas das enfermidades que tivemos na nosa primeira consulta. Seguide atentos porque seguiremos practicando para mellorar e poder atender no futuro ás familias.

MOITAS GRAZAS POR TODO O MATERIAL SENÓN TODO ISTO NON SERÍA POSIBLE.


Aínda que estes días estivemos a voltas co Samaín, temos o noso centro médico tamén en marcha. Temos algúns vídeos pendentes de subir ao blog. Un deles é este onde seguimos vendo o material que chegou das casas.



A %d blogueros les gusta esto: