Archivo de la categoría: COCIÑANDO

Durante a semana das froitas, nas merendas fomos degustando diferentes froitas: mazá, plátano, amorodos, melón e mandarina. O venres, como día final desta semana tan saudable fixemos una macedonia coas froitas que nos sobraron estes días. Así que os choquetes, lavaron as mans, remangáronse e puxéronse máns ás froitas. Mirade que coordinados traballaron e que ben o fixeron. Son un gran equipo!!!

Anuncios

Traballar a horta encántanos, estamos fóra, en contacto coa natureza, tocamos, sentimos e pasámolo moi ben, ademais aprendemos unha chea de cousas pero o mellor de sementar e cando o que sementamos medra.
Este ano non tivemos moita sorte coas verzas e tivemos que plantalas ata tres veces pero, curiosamente, das primeiras que sementamos resistiu unha coliflor así que os Apolos e os Xirasois fomos a recollela na horta para poder comela.
Decidimos facer tortilla de coliflor e coliflor rebozada. Limpámola, puxémola a cocer e logo comezamos a elaborar a receita.
Mirade que pasada!


Aínda que este ano estamos moi robóticos non esquecemos o moito que disfrutamos o ano pasado coa cociña e o bo cociñeiros que somos, por iso, aproveitando que o entroido é tempo de encherse fixemos unhas riquísimas rosquillas que nos sentaron xenial!!


A semana pasada os nen@s viñeron de psicomotricidade moi alterados e cando a profe Claudia saiu fóra viñeron correndo a dicirme que o venres era o aniversario dela e tiñamos que facer algunha cousa. Pregunteilles que querían facer e dixéronme que un biscoito, decidimos facelo o venres ao chegar pero tiñamos que gardar o segredo.
Chegou o venres preparámonos para as rutinas e cando estaban todos sentados… SORPRESA PROFE CLAUDIA, IMOS FACERCHE UNHA TARTA!!!
Así que fomos para a cociña a facer unha “tarta de galletas” para a nosa querida profe.


Antes de ir de vacacións non puidemos evitar a tentación de volver cociñar outra vez coma o ano pasado. Nesta ocasión fixemos unhas deliciosas galletas con forma de reno pero tivo que amasar a profe porque cando iamos misturar rompéusenos o batedor así que tivemos que apañarnos. Aínda así sairon moi ricas, de feito non quedaron nin as migallas!!


Este ano no cole decidimos xuntar as festas do Samaín e do Magosto porque son duas celebracións moi próximas e pareceunos boa idea xuntalas. En Infantil os profes xuntámonos e decidimos organizar a mañá para que os peques disfrutasen o máximo posible. Organizamos catro talleres: na aula do profe Esteban un taller de cociña terrorífica facendo arañas con galletas e chupachups e cabazas con mandarinas, na clase da profe Rosa un taller creativo para decorar os cestos das castañas e convertelos en monstruos, na clase da profe Aída maquillaxe e construcción de títeres de medo-dedo e na batcova unha sesión de contos de medo feita por min.
Fixemos catro equipos con nen@s de todas as aulas para que fosen xuntos aos talleres, xuntámonos no salón de actos e puxemos a cada neno un gomets dunha cor para que soubesen a que equipo pertencían.

Os grupos estaban en cada taller 30 minutos e despois cambiaban ao seguinte, de xeito que todos os nen@s, ao longo da mañá ían pasando por todos os talleres.

Chegamos a queima de medos no patio. Logo merendamos rosquillas que nos agasallou a ANPA e despois de rematar os talleres comemos as castañas.
Os peques  pasárono xenial e foi un día moi divertido e especial!


Inda que este ano estamos moi ocupados cos robots non podiamos deixar de lado todo o que aprendemos o ano pasado de cociña así que, aproveitando a celebración do Samaín, fomos A cociña para facer uns deliciosos dedos de monstruos, verdes, viscosos, con unllas longas e ensanguentadas… vamos, unha delicia!!!

QUEREDES UN POUCO?



A %d blogueros les gusta esto: