Archivo de la categoría: COIDANDO O MEDIO

Apolos e Xirasois esta semana foron a horta para encher pneumáticos, usar as follas secas coma materia orgánica e preparar todo para poder plantar amorodos a vindeira semana. Colocámonos as luvas, as botas de auga, collemos os sachos, as carretas e… mans a obra.


Este ano coma xa vos contei nalgunha ocasión, a profe Rosa máis eu decidimos cambiar a metodoloxía  e apostar polos recunchos de traballo, aos que a estas alturas e despois de meses investigando, traballando e recibindo formación, chamámoslle “ESTACIÓNS DE APRENDIZAXE”.

Os relatores que viñeron a darnos formación falaron en repetidas ocasión da importancia do espazo exterior na aprendizaxe e da importancia de usar o linguaxe específico para cada espazo, donde o nome técnico a cada acción para que os alumn@s aprendan de xeito preciso e eficaz.

E, se ben é certo que levamos 10 anos participando en Voz Natura e apostando pola interacción co exterior, este curso a nosa horta é máis ca unha horta. É unha estación de aprendizaxe constante a que asistimos todos os xoves en equipos mixtos da nosa aula e da aula dos xirasois. Un espazo con obxectivos propios onde os nen@s traballan de xeito cooperativo e autónomo. Un espazo libre onde investigan, ven bechos, sinten o medio natural, toman decisións que inflúen no crecemento dos cultivos, encárganse de coidar o espazo e os cultivos, no so de forma física senón tamén emocional.

Un espazo único onde aprendemos a aprender, e aprendemos facendo.


Cada semana e cando  o tempo nos deixa, os choquetes imos por grupiños a coidar da nosa horta. Nesta ocasión decidimos plantar dentro do invernadoiro porque non sabemos que pasou pero os bichiños deixáronnos sen verdura. Fai unhas semanas que visitamos a horta por primeira vez e plantamos verdura, allos e… aos poucos días non había nin rastro da verdura, polo que nesta ocasión cambiamos de estratexia. Plantamos dentro do invernadoiro a ver así os bichiños non dan con ela. Mirade que ben traballan estes pequenos agricultores nos seus primeiros días na horta!


Este ano celébrase o 20 aniversario dos proxectos escolares Voz Natura e non temos un tema asignado así que imos aproveitar o noso tema de centro para facer actividades de coidado e protección da nosa contorna.
Temos algunhas ideas gardadas pero xa volas iremos contando aos poucos.
De momento estes días aproveitamos para recoller os froitos do noso traballo durante o ano pasado.


O curso pasado estivemos moi atarefados coidando dos vermes do fiuncho pero marchamos de vacacións antes de que naceran as bolboretas. Aos poucos días sairon da crisálida e algúns Apolos achegáronse a velas.

Aquí vos deixo un resumo de todo o traballo que fixemos coas bolboretas  que plasmamos nun lapbook.


As nosas eirugas seguen medrando e, unha semana máis, tivemos que ocuparnos dos seus coidados e, unha semana máis, brindáronnos unha chea de sorpresas.
Non vos conto máis!!


Fai máis de dúas semanas que temos as eirugas do fiuncho na aula e seguen a medrar. Xa eclosionaron todos os ovos e témoslle a casiña feita a cada eiruga porque son moi territoriais e non queremos que se pelexen.
Mirade que ben as coidan!!!



A %d blogueros les gusta esto: