Archivo de la categoría: COMEZO DE CURSO

Levaba varios días dándolle voltas a coma iamos iniciar o proxecto da alimentación e non acababa de ver o xeito. Finalmente preparei material, decidín usar os catálogos de publicidade para arrincar e cando xa tiña máis ou menos claro o que ia pasar… David chegou a clase entusiasmado coas avespas asiáticas.
Non me puiden resistir! Así que imos arrancar o noso proxecto deste ano, chegaremos a alimentación???


Seguimos contándovos o que estamos facendo estes días. Falabamos do traballo coas  letras e agora falamos de pensamento lóxico usando un elemento tan sinxelo coma os paus de xeado. Nesta ocasión e adaptando ideas do blog http://www.aprendiendomatematicas.blogspot.com, os Apolos tiñan que construir unha figura usando 5 paus, despois  debían pasalo a papel. Esta é a parte máis difícil, onde o pensamento lóxico e racional ten que poñerse a traballar. E os resultados foron moi bos!!!


Hoxe foi un día moi emocionante, reencontros, amigos novos, unha clase con moitas novidades… Despois de falar do verán, ver as novidades da aula, coñecer a nosa nova amiga Laura e saudar as nosas mascotas Pepito e Drinki, fixemos unha búsqueda do tesouro.
Desta maneira Laura puido ver as instalacións do centro onde vai estar e nos lembramos todos os recursos que temos ao noso dispor.
Aquí tedes un resumo.


Esta semana comezamos a dar pequenos pasos dentro do noso proxecto das artes. Neste trimestre imos traballar a pintura e como elemento motivador lemos o conto “El punto”  escrito por Peter H. Reynolds e publicado pola editorial SERRES. Aquí vos deixo o conto contado por Beatriz Montero, collino do seu canal de youtube. https://www.youtube.com/channel/UC4lWfhhFK94PzbXdj8izDEA

Na aula cambiamos o nome do protagonista por Hugo e igual ca el puxémonos a facer puntos. Cada un como quixo e aquí tedes o resultado.


Este ano temos un novo proxecto co que imos traballar todo o ano.
Imos traballar sobre , Reboreda, o río Alvedosa, a praia de Cesantes, a illa de San Simón… É dicir, sobre a nosa contorna. Queremos que os peques coñezan mellor o seu entorno, as nosas tradicións, festas, coma xogaban os seus maiores de pequenos, onde xogaban… Por iso necesitamos a vosa axuda, calquera cousa que teñades na casa sobre Redondela, Reboreda, a illa de San Simón… non dubidedes en enviala ao cole a través dos peques para que teñamos material co que arrancar. Calquera cousa pode valer: fotos vellas, un mapa, algún libro da contorna, cunchas recollidas na praia, folletos informativos… De seguro que tedes máis do que pensades.
MOITAS GRAZAS POLA VOSA AXUDA, ESPERAMOS AS VOSAS APORTACIÓNS!!!

Nos xa recollemos estas páxinas webs, se coñecedes algunha outra que nos poida ser de utilidade comunicárnolo polas vías de sempre, correos dos nen@s, a administración do blog ou cos vosos comentarios.

redondela

Tamén contamos coa axuda dos blogs colaboradores aínda que sabemos que é un tema moi concreto. De todos os xeitos, se tedes algunha idea estaremos encantadas de recibila.


Remataron as vacacións e o mércores reencontrámonos outra vez. Agora xa somos os maiores e estes días fomos lembrando cousas e falando do novo proxecto. Tamén aproveitamos para coñecer mellor a nosa nova compañeira, Angela. Ela compartiu connosco risas, xogos e pequenos retazos da súa vida.  Aquí tedes un pequeno resumo de como foron os seus primeiros días.

BENVIDA A CLASE DOS COCORICOS ANGELA

Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
Slideshow customized with Smilebox

Dende onte os sapiens xa participan da xornada completa na escola de Reboreda. Aínda que lles costa un pouquiño prestar atención, escoitar á profe ou seguir as normas da aula, xa tentan estar todo o rato no recuncho que lles toca, escoitar o conto con interese, tomar a merenda con calma e recoller todos os materiais no seu lugar cando rematamos a actividade.

Hoxe queremos amosarvos que ben xogan e colaboran cos seus compañeir@s de recuncho. Espero que vos guste.



A %d blogueros les gusta esto: