Archivo de la categoría: CONCURSO

Un ano máis os peques da escola tamén participan no famoso concurso da escola: “Margarida quere saber…”

Nesta ocasión as preguntas de Margarida irán vencelladas co noso proxecto dos contos, é dicir, Margarida ao longo dalgunhas semanas irá plantexando varias dúbidas que entre tod@s deberemos resolver. E de que forma poderemos resolvelas?

Os exploradores xa son todos uns expertos e saben que podemos atopar as solucións nos libros da biblio de Margarida ou podemos recucrrir a outros medios, como por exemplo, empregando as novas tecoloxías, internet,… É moi gratificante ver como pouco a pouco eles van investigando e tratando de resolver pequenos enigmas.

Nesta primeira adiviña tivemos que buscar e descubrir os nomes dos autores/escritores de contos famosos. Foi un gran traballo de investigación polo que tivemos que preparar dous vídeos nos que podemos ver claramente a estes peques en acción. No primeiro amosamos o proceso que seguimos no proceso de investigación e no segundo un resumo de como todo o grupo clase axudaba para responder as cuestións de Margarida e así poder enviarlle un novo mail cos respostas.



O noso Cocorico Gabriel gañou o concurso para poñerlle nome á Coca, a súa idea foi escollida de entre máis de 450 propostas. Os Cocoricos estamos moi content@s e orgull@s do noso compañeiro. Moitas felicidades para Gabriel e tamén para a súa familia, que nos enviou os seguintes enlaces para que os poidamos ver. ¡Unha aperta!
http://www.lavozdegalicia.es/vigo/2011/12/24/0003_201112V24C9991.htm
http://www.farodevigo.es/comarcas/2011/12/24/coca-simona-dragon-amigo-ninos/608752.html
http://www.radioredondela.com/articulo.php?id=2057

http://www.empresasredondela.com/nova.asp?id=832

 


Un ano máis, antes de comezar o festival de Fin de curso, fixéronse no centro o entrega de premios. Os peques de Reboreda estamos de noraboa por dous motivos, un pola postal de Nadal que fixemos as catro clases en conxunto e pola que nos deron un agasallo que entregou a profe Patri, nada máis e nada menos que un conto musical para compartir entre todos nos.

Despois, Margarida, tamén nos deu un agasallo por ser o mellores lectores de todo o centro.  Neste caso entregou a profe Rosa e todos marchamos para casa cun precioso agasallo.


COMO SABEDES OS SÍNEFOS TAMÉN PARTICIPARON NO CONCURSO QUE OFRECÍA PEGAMENTOS IMEDIO.
TRATÁBASE DUNHA ACTIVIDADE ONDE OS PITUFOS, COMO FIO CONDUCTOS, FANNOS SER CONSCIENTES DA IMPORTANCIA DO COIDADO DO MEDIO.
DESPIOS DUNHA CHOIVA DE IDEAS, DECIDIMOS FACER UN PITUFO MARIÑEIRO, XA QUE ESTAMOS INMERSO NO TEMA DA AUGA, E ASÍ FOI.
DECIDIMOS QUE FOSE CONSTRUIDO TODIÑO CON MATERIAL DE REFUGALLO, POLO QUE LLE CHAMAMOS 3R (REDUCIR, REUTILIZAR E RECICLAR), E EMBARCAMOS NESTA AVENTURA QUE RESULTOU MOI EDUCATIVA, DIVERTIDA E SATISFATORIA. SEGURO QUE ESTADES TODOS E TODAS IMPACIENTES POR VER COMO ACONTECEU TODO.


Levóunos días pero xa está rematado o noso bonito mural para o concurso dos pitufos. Fai unhas semanas chegou a escola a proposta de participar nun sinxelo concurso de debuxos, no que o tema principal era o coidado do medio ambiente. A nós parecéunos unha boa idea porque como xa estamos traballando o tema da auga e o coidado do medio ambiente esta era unha boa ocasión para participar.

Así que deseñamos un bonito mural, no que todos participaron aportando o seu pequeno gran de area. Para facelo utilizamos diferentes técnicas plásticas e diferentes materiais que deron forma a un conto no que os exploradores transformáronse nuns pitufos moi solidarios. E sabedes cal foi o noso tema escollido???………………….. A nosa querida fervenza.

Os pitufos axudaron a dar cor e manter limpa a fervenza cos seus pinceis, escribindo cartas ao concello, colocando carteis de advertencia, coidando as flores e árbores do contorno,…

Agora deixámosvos un vídeo de todo o proceso de creación e cal foi o resultado final dun bonito traballo colaborativo. Esperamos que vos guste e……………………………………………….. ao xurado tamén.


Hai un novo concurso no que imos participar, neste caso hai que facer debuxos sobre o coidado do medioambiente. So por participar mándannos un kit e danlle a cada nen@ un diploma e, se hai sorte, igual gañamos algo. Se clicades na imaxe tedes toda a información.


Un ano máis estamos de noraboa. A pesar de haber case 400 debuxos de toda España, o primeiro primeiro da categoría Cirrus foi para Alicia dos Waters. NORABOA CAMPEONA, en breve chegara o teu agasallo.

Pero non acaba ai a cousa, Enrique SM, escribiunos este mail de felicitación:

Hola Amigos /as de Galicia:

Os informo de que hoy hemos hecho coincidir la actualización de la web de Ecometta y el cambio del logo de la Asociación, con la publicación de los ganadores de los Premios Ecometta de dibujo meteorológico y medio ambiental. He de felicitar al Colegio ( y a vosotros/as también…por supuestoGuiño) porque ha conseguido un primer premio en la categoría de Cirrus de 3 años. con el 191 -ALICIA Edat: 3 años. CEIP Santo Paio de Abaixo, Reboreda – Redondela, Galicia. Grupo Waters 
Pero esto no es todo, varios dibujos han sido nominados para ganar – entre ellos el :
205 -ALBA PÉREZ Edat: 3 años. CEIP Santo Paio de Abaixo, Reboreda – Redondela, Galicia. Grupo Waters 
204 -NAIARA Edat: 3 años. CEIP Santo Paio de Abaixo, Reboreda – Redondela, Galicia. Grupo Waters
172 -ALBA ROZA Edad: 4 años. – CEIP Santo Paio de Abaixo, Reboreda – Redondela, Galicia. Grupo Sinefos.
232 -Marcos Edat: 5 años. CEIP Santo Paio de Abaixo, Reboreda – Redondela, Galicia. Grupo Los Vincis
219 – Alba Edad: 11 años. Título: El Arco Iris de la fantasía – CEIP Santo Paio de Abaixo, Reboreda – Redondela, Galicia. Grupo 6ºB O Manantial (Estuvo a punto de ganar)
221 – Pedro Edad: 11 años. Título: Un día de temporal en un acantilado – CEIP Santo Paio de Abaixo, Reboreda – Redondela, Galicia. Grupo 6ºB O Manantial.
 y tendrán como premio, a parte de un pequeño obsequio y un diploma, que sus trabajos serán expuestos en una galería en Barcelona  para que los puedan admirar muchas personas, incluidos los medios de comunicación. Próximamente daré a conocer el lugar y las fechas de la exposición. Si los padres o vosotras no podéis venir (¡Ojalá pudiérais!), publicaré las fotos de la exposición en la web.
Seguiremos en contacto para la entrega de premios
¡Muchas gracias por todo!
Biquiños!!!!!
Enrique Sánchez y familia
eltempsdelaficionat@hotmail.com
 
Aquí vos deixamos o enlace a súa nova páxina onde tedes todos os datos do concurso, gañadore e debuxos:
 

Aquí vos deixo o debuxo gañador de Alicia:

E, por suposto, aos finalistas do noso cole. NORABOA A TODOS E MOITÍSIMAS GRAZAS A ECOMETTA POR DARNOS ESTA OPORTUNIDADE UN ANO MÁIS.



A %d blogueros les gusta esto: