Archivo de la categoría: Costumes e tradicións galegas

Anuncios

Este ano no cole quixemos xuntar dúas celebracións moi interesantes para os peques, o samaín e o magosto. Antes do recreo queimamos os medos de todos os nenos e nenas do colexio, escoitamos a uns sinistros pandereteiros e pandereteiras. Ao rematar regresamos ás aulas para comer as doces rosquillas que nos regalou a ANPA, xogamos un pouco no recreo e, antes de dar por finalizada a xornada, tivemos tempo para comer castañas que gardamos nos nosos preciosos cestiños. Deixámosvos un vídeo que recolle retaciños deses momentos. Esperamos que vos guste!


Unha semana moi intensa e chea de actividades. Nesta ocasión visitounos “Ce orquestra pantasma”. Cantamos, demos palmas e bailamos sen parar cun artista tan completo. Mirade que divertido foi!!!


O día dos xogos foi un día moi intenso para os pequesreboreda. Primeiro tiveron que baixar a Redondela para asistir un ano máis ao festival de títeres, de volta á escola xogamos, bailamos e divertímonos nos tradicionais xogos que aparecían polos diferentes recantos do patio dos maiores. Deixámosvos uns pequenos vídeos para que vexades que ben xogamos.


O pasado luns demos comezo a semana das letras galegas co izado de bandeiras, un pequeno repaso á vida e obra de Carlos Casares e para rematar o grupo “O carballo das cen pólas” amenizaron ese primeiro día con cánticos e bailes moi propios da nosa Terra. Mirade que ben o pasamos!


Coa chegada do entroido, nos aniversarios destes primeiros meses do ano, quixemos facer unha festa de degustación dos doces típicos destas datas. Preparamos unhas coroas moi amorosas e gozamos dunha festa moi doce. Parabéns a estes grandes choquetes!!!


Durante varias semanas estivemos organizando os nosos días de entroido, cun obradoiro de disfraces coas familias, preparando o noso disfrace, seguindo as ordes do meco e por último desfilando como verdadeiros modelos de pasarela. Mirade que ven o pasaron estes días estes choquetes tan trouleiros.



A %d blogueros les gusta esto: