Archivo de la categoría: DÍA DO LIBRO

A profe Lidia sempre ten grandes ideas e planificou cos seus alumnos e alumnas de 4º B un conto que nos presentaron de forma moi orixinal, aos choquetes e aos apolos, na aula de psicomotricidade para celebrar a semana do libro. Estabamos tan atentos que nin pestanexamos. Dicían que case non tiveran tempo para preparalo pero… fixeronno XENIAL!!!

Que? Xa estades ansiosos para velo, non? Pois atentos, atentos…. que isto xa comeza!!!


Os Sapiens, tamén saíron aos corredores e leron sen parar durante a hora de ler nun día moi especial, 23 de Abril, día do libro. Ahí vos deixamos uns retaciños deses momentos. Noraboa a todos os peques e ás súas familias por compartir estes minutiños con todos nós e amosarnos que os “maiores” tamén veñen ao cole a ler.

Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
This free slideshow generated with Smilebox

Hoxe celebramos o Día do libro, a proposta do Equipo de Biblioteca, sacamos os libros da biblioteca para os corredores do centro e convidamos as familias a acompañarnos na lectura silenciosa. Cando xa estabamos todos listos e co libro na man soou a serea e comezamos a ler. Foi fantástico ver as familias disfrutar connosco dunha actividade tan importante coma a lectura porque non hai nada mellor para os nen@s que o exemplo.


MOITAS GRAZAS A TODOS OS QUE NOS ACOMPAÑASTES E FELICES LECTURAS A TODOS, QUE NUNCA NOS FALTA EN BO LIBRO NO QUE MERGULLARNOS UNHA E OUTRA VEZ.


Este ano tivemos unha celebración moi especial polo día do libro. Comezamos a mañá cunha pequeña homenaxe aos grandes escritores. Españois, do mundo e, como non, de Galicia e de Redondela. Foi un acto sinxelo pero moi especial.

Na hora de ler, quixemos facer unha lectura diferente e nuns espazos diferentes, polo que sacamos os libros aos corredores e todos xuntos gozamos dunha sesión lectora diferente e particular.

Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
This picture slideshow customized with Smilebox

Os Cocoricos seguimos a traballar sobre a nosa vila. Esta semana aproveitamos para facer unha actividade plástica con moitos pasos. Primeiro debuxamos nun folio a Xan Carallas, Xana, Apolo e Baco. Despois perfilamos os debuxos.
O seguinte paso foi crear o monte de Ventosela, para iso usamos cartoliña, un folio verde e distintos materiais ata deixar o monte a o noso gusto.
Rematamos pegando os debuxos da familia de Xan Carallas no bosque. E quedaron así de lucidos:

Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
Customize your own free digital slideshow

Aínda que non tiñamos preparada a nosa lectura, os pequenos sapiens non quixemos perder a oportunidade de falar polo micro e así de ben o fixemos.



A %d blogueros les gusta esto: