Archivo de la categoría: DÍA DOS XOGOS

Coma todos os anos, aproveitamos o Día das Letras Galegas para celebrar o día dos xogos. Este ano, coma nos dous anteriores decidimos converter este día de alegría e festa nunha festa solidaria, nesta ocasión fixemos unha recollida de alimentos para o banco de alimentos. Para iso, todos os alumnos que querían podían aportar alimentosnos días previos ao día dos xogos. Ese día fixemos a entrega dos alimentos que xa tiñamos acumulados na aula e logo fomos a xogar. Ao rematar e para agradecer as donacións sorteáronse libros entre cada curso do cole pero os mestres de infantil falamos cos nen@s e prefiremos, en lugar do sorteo, deixar o conto para a biblioteca de aula.
Moitas grazas a todos pola vosa colaboración!!!


O luns, 16 de Maio, no cole quixemos festexar o día das letras galegas, cunha chea de actividades. Primeiro fixemos o izado de bandeiras, escoitamos poemas de Manuel María, cantamos o himno. Despois fomos depositar na mesa solidaria as nosas aportacións ao banco de alimentos. E despois do recreo participamos sen parar por cada un dos xogos que nos esperaban nos diferentes recunchos do patio. O xogo da chave, a corda, as gomas, os aros, o baile da vasoira, o baile da pataca, o xogo das cadeiras,… Os peques estaban un pouco asombrados pero os meus “exploradores” de 4º A quixeron acompañarnos e axudarnos en cada una das actividades, que fermoso é ver como os maiores axudan aos pekes e os guían. Mirade, mirade!!! Deixámosvos ver uns minutiños deses momentos!


A semana das letras galegas rematou co día dos xogos tradicionais. Despois de entregar os materiais escolares para a ONG AMAN e de facer a entrega dos premios-2015 da biblioteca de Margarida todos os peques do cole baixaron ao patio para participar en cada un dos xogos que estaban repartidos por todo o patio. Poidemos xogar ás chapas, ao baile da vasoira, ao baile das cadeiras, á pesca da botella, á corda e ás gomas, ás carreiras de sacos, á chave e ás carreiras de aros. Pasámolo xenial!!! Mirade cantas cousiñas fixemos!


No cole celebramos o Día das Letras Galegas dun xeito moi lúdico, adicamos a xornada a xogar. Empezamos o día con entrega de premios da biblioteca, recollida de material escolar para a ONG DA MAN e despois, A XOGAR.
En cada recuncho do patio hai un xogo distinto no que pasar un bo rato. Moitos deles son xogos tradicionais que nos achegan aos nosos pais e avós e outros son xogos intemporais que nos encantan coma o xogo das sillas.
Nun e noutros pasámolo xenial, senón vede a cara de felicidade que teñen os Apolos.


O pasado venres, quixemos facer no cole de Reboreda unha xornada de xogos moi especial. Este ano todos quixemos aportar o noso graniño de area por unha boa causa, cambiamos os nosos xoguetes por unha doación moi especial ao banco de alimentos.

Comezamos o día dos xogos entregando miles e miles de alimentos nunha gran mesa solidaria e despois do recreo deu comezo a nosa especial e diferente xornada de xogos, na que soamente recibimos un pequeno e significativo agasallo por colaborar nunha misión  tan xenerosa. Xogamos á corda, á goma, á pesca das botellas, fixemos carreiras de sacos e de chapas, bailamos coa vasoira e coas patacas e para rematar… estivemos moi atentos no pequeno sorteo de agasallos de Margarida, no que saíu vencedor o noso intrépido Aarón.

Imos deixarvos algún recordos deses divertidos momentos.

 


POLA SEMANA DAS LETRAS GALEGAS, CELEBRAMOS O DÍA DOS XOGOS. FOMOS MOI RÁPIDOS, POLO QUE NOS DEU TEMPO A XOGAR A CASE TODO E PODER TER MOOOITOS TICKETS PARA CONSEGUIR O AGASALLO. PASÁMOLO DE MARABILLA!!!!! NON VOS PODEDES PERDER A CARREIRA DE SACOS!


Para os sapiens, o día dos xogos, foi unha sorprendente xornada na escola. Xogaron sen descanso nuns xogos diferentes e moi atractivos, coma por exemplo: as chapas, o baile da pataca, os zancos, a chave, a pesca da botella e as gomas. Saltamos, mantemos o equilibrio sen caer, melloramos a nosa destreza dixital, afinamos a puntería, melloramos a nosa atención e aumentamos a nosa paciencia. E como premio en cada un dos xogos a aqueles que o fixeron ben recibiron un ticket que ao remate da xornada deberían canxear por fermosos agasallos, que estaban a esperar na nosa clase. Agora aquí vos deixamos moitas fotos destes divertidos momentos…



A %d blogueros les gusta esto: