Archivo de la categoría: DÍAS DE TÍTERES

OLYMPUS DIGITAL CAMERAFai unhas semanas tivemos outra visita das familias dentro do proxecto do portfolio. Esta volta tocouno aprender moitas cousas dos títeres co tío de Mauro, que veu a aula moi ben acompañado. Pasámolo moi ben e aprendemos moitas cousas dos títeres e, aínda que non se ve no vídeo, ao final puidemos tocalos e manipulalos un ratiño. Foi xenial.

MOITÍSIMAS GRAZAS A ANDRÉS POR VIR A NOSA AULA E EXPLICARNO TODO TAN BEN.

Pero, Andrés, antes de marchar propúxonos e, aproveitando que faltaba pouco para o festival de títeres de Redondela, nos animaramos e fixeramos uns títeres na aula, e, como somos moi ben mandadiños, esta semana puxémonos mans a obra e isto foi o que nos saiu.

Anuncios

A semana pasada os sapiens e todos os peques de Reboreda, grazas á maleta da coca Simona e grazas a Daniel e a súa familia, poideron gozar coa visita de Tatán nunha sesión de títeres moi especial. Tatán explicóunos que existen diferentes tipos de títeres, uns de fíos, outros de variña e outros de siluetas planas. Amosóunos como se movían e como tiñamos que mover os fíos para simular que tiñan vida. Pero imos deixar de falar tanto para dar paso a esta maxistral clase cun vídeo moi especial.

GRAZAS TATÁN!!! E tamén GRAZAS MARÍA, por traernos unha visita tan orixinal!!!


Baixamos camiñando, como todos os peques do cole, (pero o regreso á escola fixémola en autobús porque xa estabamos moi cansos) ata o multiusos de Redondela e pasámolo moi ben. Gozamos coa actuación do grupo Babaluva, “Lume”, despois xogamos sen parar no parque da Xunqueira e fixemos unha paradiña para repoñer forzas cunha pequena merenda. Queredes ver aos sapiens en acción? Pois….. atentos que ahí vos deixamos uns pequenos retazos deses momentos…..



A %d blogueros les gusta esto: