Archivo de la categoría: DIDÁCTICA. COMPARTINDO IDEAS

A semana pasada os Apolos tivemos unha visita. Mercedes Hernani da editorial Vicens Vives pasou polo cole para deixarnos en préstamo unha caixa con Dash, Dot e todos os seus complementos así que estes días andamos probando e investigando con todo.
Entre os complementos hai unha especie de recolledor laranxa que ao colocarllo a Dash fai que este vaia empurrando os elementos que ten diante.
Ides ver a un dos equipos investigando e probando de xeito libre!!! Téñenme fascinada!

Anuncios

Os Apolos falan moitas veces dos planetas, das estrelas, de viaxar en cohete… Ademais, facía unhas semanas, falando de superheroínas cercanas descubrimos que había unha nena de 13 anos que estaba no programa espacial da NASA porque quería ir a MARTE no 2030.

Por todo isto, a semana pasada a profe Claudia veu cargada de cousas relacionadas co espazo. Pasamos unha semana aprendendo moitísimas cousas: repasamos o nome dos planetas, usamos o programa STELLARIUM para ver as estrelas que se poden ver dende o ceo de Redondela, aprendemos que eran as constelacións…

Aquí tedes algunhas das actividades que levamos a cabo. Nos vindeiros días amosareivos máis.

 


Nas nosas “estacións de aprendizaxe” non podían faltar as novas tecnoloxías porque son altamente motivadoras, o noso alumnado nace rodeados delas a e, ademais, a escola debe dar resposta a sociedade do momento.

Os luns a metade dos Apolos vai a informática e a outra metade quedamos na aula xogando con Osmo. Xa vos amosei fai unhas semanas que OSMO é un complemento para Ipad que nos permite unir o mundo virtual co real. Cada semana un dos equipos ten retos a superar, ás veces, pensados para alumnos de maior idade pero con calma e axudándonos os uns aos outros imos xogando, evolucionando e, sobre todo, aprendendo.


Unha semana máis tivemos taller de mates. Nesta ocasión aproveitamos para facer sumas usando os dados. Preparamos un dado para cada Apolo e unha ficha para ir poñendo os números que saían. O xogo consistía en facer duas tiradas, e debuxar os puntos que saían en cada tirada no cadrado correspondente.
Ao lado destes tiñamos outros dous cadrados para poner o número que indicaban os puntos. Finalmente, contabamos todos os puntos e poñíamos o resultado.
Igual non está moi claro pero no seguinte vídeo podedes ver aos Apolos en acción.


Chegou o día de almorzar no cole e de inagurar o restaurante.
Despois de adestrar os días previos, facer os menús, aprender a cubrir as comandas, distribuir os postos e turnos de traballo, por fin, chegou o gran día.
Fixemos duas quendas de almorzo. No primeiro turno almorzaron 6 e atenderon 5 o restaurante e, no segundo turno ao contrario. Xa tiñamos os postos e o traballo a facer distribuido do día anterior e foi INCRIBLE!!!
Non vos adianto nada pero vale a pena cada minuto do vídeo.
NORABOA AOS APOLOS QUE ESTIVERON DE 10!


Xa vos falei da nosa máquina de sumar. Cando a fixemos os Apolos enseguida me dixeron que querían unha para cada un. Evidentemente non era viable facer unha máquina coma a da clase para cada un pero si podiamos facer unha versión máis sinxela, así que unha vez máis, botamos man das familias que nos trouxeron caixas de zapatos a clase.
Aproveitamos a idea dos Apolos para facer unha chea de actividades de preparación usando material de refugallo que tiñamos ao noso alcance coma rollos de papel hixiénico, tapóns de botellas… Cada Apolo individualizou a súa caixa e preparouna ao seu gusto.
As caixas quedaron moi vistosas.

Pero despois de facelas quedaba o máis importante, usalas e ver se funcionaban ben. Este foi o resultado.


Seguimos co noso taller matemático. Nesta ocasión aproveitamos para aprender a sumar cos dedos.
Mirade coma o fixemos!!



A %d blogueros les gusta esto: