Archivo de la categoría: ED. EMOCIONAL

O trimestre pasado estivemos traballando os superheroes cercanos e os Apolos, nunha das nosas asembleas, dixeron que os seus maiores superheroes eran as familias. Teo contounos que a súa avoa cosía a toda velocidade, David que o seu pai facía casas, Daniela que o seu pai entrenaba no Choco, Mauro díxonos que a súa nai podía saír pola tele…
Xa tiñamos un xerme para comezar a traballar, podiamos convidar as familias para ver os seus superpoderes… pero algúns Apolos dicían que non podían vir a ensinar o seu superpoder ao cole porque non podían traer as súas ferramentas de traballo, entón… Que podiamos facer?
Pois ocorréusenos levar a cabo o antigo proverbio de “se Mahoma non vai a montaña a montaña vai a Mahoma” e nunha reunión coas familias falamos de levar a cabo un proxecto conxunto onde viramos os seus superpoderes pero non tiña porque que ser dentro do cole, sempre que fose preto podiamos ir andando e se era lonxe tentariamos buscar unha solución.
Para organizar todo isto fixemos un lapbook de superheroes cercanos con fichas para cubrir en familia onde se escribiron quen nos ian a amosar o seu superpoder, cando e onde o iamos ver.

O libro foi a casa dos Apolos e cada familia cubriu a folla.

Con todo listo, so quedaba comezar e a primeira familia que visitamos foi a casa de Manu. Unha vez máis Lula e o resto das educadoras tratáronnos xenial e pasámolo moi, moi ben.

NON PODO MÁIS QUE DARLLE AS GRAZAS A LULA POR ORGANIZAR TODO E CONVIDARNOS E AS SÚAS COLABORADORAS RO, MARÍA E LULI. GRAZAS A TODAS POLA DEDICACIÓN, CARIÑO E SIMPÁTIA COAS QUE NOS ACOLLERON.

E TAMÉN A CRIS E CHARO POR ACOMPAÑARNOS E AXUDARNOS DURANTE A  SAÍDA

ISTO É O INICIO, NON PERDADES DETALLE PORQUE CADA SEMANA IMOS VISITAR A ALGÚN SUPERHEROE CERCANO!

Anuncios

Rematamos o trimestre volvendo a facer os talleres interclases que tan bo resultado nos están dando este ano. Preparamos 3 talleres: un de cine, outro de manualidades e outro de cociña e fixemos 3 grupos nos que había Pequeheroes, Choquetes, Apolos e Xirasois.

Os grupos pasaban 30 minutos en cada taller e ao rematar ían ao seguinte. Así aproveitamos para facer chocolate e cestos de pascua.
Despois do recreo contamos o conto do coelliño da pascua e fixemos unha búsqueda conxunta polo patio, xa que o coelliño apareceu por alí e deixou unha chea de ovos.
Xa cos cestos cheos comemos o chocolate que fixeramos pola mañá.
Foi un día moi intenso pero pasámolo xenial!!!


Os Apolos falan moitas veces dos planetas, das estrelas, de viaxar en cohete… Ademais, facía unhas semanas, falando de superheroínas cercanas descubrimos que había unha nena de 13 anos que estaba no programa espacial da NASA porque quería ir a MARTE no 2030.

Por todo isto, a semana pasada a profe Claudia veu cargada de cousas relacionadas co espazo. Pasamos unha semana aprendendo moitísimas cousas: repasamos o nome dos planetas, usamos o programa STELLARIUM para ver as estrelas que se poden ver dende o ceo de Redondela, aprendemos que eran as constelacións…

Aquí tedes algunhas das actividades que levamos a cabo. Nos vindeiros días amosareivos máis.

 


Na casa de Íker, na súa festa de aniversario fixéronlle un vídeo moi especial que agora quere compartir con todos nós. Entre todos fixemos unha gran presentación, na que todos compartimos vivenzas e emocións que nos transmitían as fotos de Iker.

Moitas grazas familia por compartir con nós os vosos recordos!!!!


Daniela recibíu un e-mail cheo de fotos moi divertidas e cun montón de recordos para contar aos choquetes. Estivemos moi atentos porque Daniela narrou moi ben cada unha das cousas que pasaban en cada fotografía. Pasámolo moi ben escoitándoa e descubrindo recunchos novos aos que podemos ir nos nosos momentos de lecer. Graciñas a Daniela e familia por enviarnos tantas fotos e tan divertidas!!!


Este ano no cole decidimos xuntar as festas do Samaín e do Magosto porque son duas celebracións moi próximas e pareceunos boa idea xuntalas. En Infantil os profes xuntámonos e decidimos organizar a mañá para que os peques disfrutasen o máximo posible. Organizamos catro talleres: na aula do profe Esteban un taller de cociña terrorífica facendo arañas con galletas e chupachups e cabazas con mandarinas, na clase da profe Rosa un taller creativo para decorar os cestos das castañas e convertelos en monstruos, na clase da profe Aída maquillaxe e construcción de títeres de medo-dedo e na batcova unha sesión de contos de medo feita por min.
Fixemos catro equipos con nen@s de todas as aulas para que fosen xuntos aos talleres, xuntámonos no salón de actos e puxemos a cada neno un gomets dunha cor para que soubesen a que equipo pertencían.

Os grupos estaban en cada taller 30 minutos e despois cambiaban ao seguinte, de xeito que todos os nen@s, ao longo da mañá ían pasando por todos os talleres.

Chegamos a queima de medos no patio. Logo merendamos rosquillas que nos agasallou a ANPA e despois de rematar os talleres comemos as castañas.
Os peques  pasárono xenial e foi un día moi divertido e especial!


E chegou a última das visitas a aula dos Apolos, nesta ocasión Zaira veu acompañada do seu pai para facernos unha divertida e deliciosa receita. Trouxéronnos unhas caras sorrintes para encher a nosa barriga e poñernos ben contentos.

MOITÍSIMAS GRAZAS A ZAIRA E AO SEU PAI. FOI ESTUPENDO TERVOS AQUÍ



A %d blogueros les gusta esto: