Archivo de la categoría: ENTROIDO

Coa chegada do entroido, nos aniversarios destes primeiros meses do ano, quixemos facer unha festa de degustación dos doces típicos destas datas. Preparamos unhas coroas moi amorosas e gozamos dunha festa moi doce. Parabéns a estes grandes choquetes!!!


Durante varias semanas estivemos organizando os nosos días de entroido, cun obradoiro de disfraces coas familias, preparando o noso disfrace, seguindo as ordes do meco e por último desfilando como verdadeiros modelos de pasarela. Mirade que ven o pasaron estes días estes choquetes tan trouleiros.


Os Apolos pasamos unha semana intensa seguindo as ordes do Meco, facendo antifaces, perrucas e, sobre todo, divertíndonos e ríndonos de todo, incluso, de nós mesmos. Aquí vos deixo algúns retazos destes días!


Este entroido quedounos moi culinario. Despois de cociñar rosquillas, o venres convidamos a nai de Daniela para que nos amosase coma fai flores de entroido. Axudámoslle a facer a receita e logo degustámolas na merendola que fixemos coas familias antes do desfile.
Aprendemos moito e encantounos ver todo o proceso.

MOITAS GRAZAS A CHARO POR VIR COCIÑAR CONNOSCO!!!


Despois de varias semanas de preparativos, chegou o noso venres de entroido, no cole de Reboreda. Os choquetes gozaron preparando o seu disfraz de panadeiros e así de feitiños desfilaron ante todos.


Estamos gratamente sorprendidos pola participación das nosas familias en cada una das actividades que lles propoñemos porque sempre nos deixan sen palabras. Tivemos doces tradicionais galegos, como: orellas, filloas, roquillas de anís, bica,… Pero tamén tivemos doces de Valencia, como son os buñuelos, doces de Marrocos como son as facas e outros doces galegos que viñan dende Ferrol como son as tradicionais torrijas de leite e canela.

 

GRAZAS FAMILIAS POLA VOSA INCONDICIONAL COLABORACIÓN!!!


Todos estes días andivemos liadisimos preparando o entroido pero aínda así tivemos tempo para todo. Preparamos o noso disfraz de panadeiros-pasteleiros, seguimos as ordes do meco e ata tivemos tempo para o noso tradicional obradoiro coas familias. Mirade que ben o pasamos preparando estes días de troula.



A %d blogueros les gusta esto: