Archivo de la categoría: ESQUEMA CORPORAL

Coma xa vos comentei a semana pasada estivemos traballando o sentido do tacto aproveitando a semana das froitas.
Para isto levamos a cabo varias actividades ao longo da semana que se suman a dos alimentos quentes, fríos, duros e brandos que xa vos ensinei.
Preparamos unha caixa misteriosa chea de productos do outono. Cada Apolo tiña que tapar os ollos, meter a man na caixa, sacar un obxecto e tentar adiviñar o que era usando so o tacto.
Coma o sentido do tacto está en toda a pel e non so nas mans fixemos outras actividades coma xogar a tirar botellas-maza usando a cabeza, comemos sen usar as mans, paseamos por un camiño de sensacións otoñais e preparamos a mistura da pasta de sal para facer froitas e froitos de outono.
De todos estes talleres escollemos o camiño de sensacións para amosarllo aos Coquiños, Choquetes e Xirasois. Cos Coquiños fixemos tamén o de comer sen mans e o xogo de bolos.
Realmente pasámolo xenial e foi estupendo poder compartilo con todos e disfrutar tamén dos talleres das outras aulas pero iso volo ensino no próximo post.
O vídeo dura case 15 minutos pero resumilo todo foi bastante complicado porque tiña máis dunha hora de gravacións. Creo que vale a pena!!!

Anuncios

Para comezar co proxecto deste curso os choquetes primeiro arrancamos desde o coñecemento do noso corpo e dos coidados especiais para medrar fortes e sanos. Unha das primeiras actividades creativas que fixemos foi un bonicreque da nosa canción preferida, “Mi carita redondita”. Con diferentes materiais e diferentes pezas pouquiño a pouco fomos dando formas as nosas simpáticas cariñas. Imos deixarvos pequenos retazos deses momentos creativos.


Despois do período de adaptación, os choquetes xa comezaron a asistir a clase de música, de inglés, de psicomotricidade,… Nesta ocasión a profe Isabel (música) fixo unha clase especial dentro da clase dos choquetes. Presentáronse, tocaron maracas para responder a consigna dada, e bailaron coas partes do corpo aínda que ás veces quedaban conxelados. Queredes ver que ben o pasaron, pois silencio… que o baile vai comezar!!!

 


Esta semana fomos a aula de informática e traballamos por primeira vez este curso nos ordenadores. Ao principio non eramos capaces de mover o rato pero, pouco a pouco, fomos sendo capaces. Aproveitamos para xogar ao xogo das caras dos Apolos.

Coma o prometido é débeda, aquí vos deixo o xogo. Feliz ponte e xogade moito!!!
XOGO CARAS


Estes pequenos-grandes artistas están descubrindo moitas cousas relacionadas co mundo da arte. Diferentes técnicas, diferentes estilos,… Nesta ocasión estivemos descubrindo a pintura de G. Arcimboldo, cadros cheos dos elementos da contorna: froitas, hortalizas, verduras,… creando con todos eles retratos moi orixinais. Os sapiens, quixeron imitalo un pouco creando uns divertidos autorretratos con elementos reais do outono, como son as follas secas. Queredes velos??? Pois mirade que quedaron uns autorretratos moi singulares.


Neste mes, na clase dos sapiens, estiveron de aniversario: Iris, Julia e Hugo. E como estabamos no tempo de entroido quixemos merendar unhas caretas moi singulares. Empregamos: pan de molde, loncha de queixo, galletiñas salgadas e gominolas. Con todos estes elementos tiñamos que crear caras divertidas. Cada un deixou voar a súa imaxinación e pouco a pouco foron saindo caras moi orixinais. Ahí vos deixamos anaquiños deses momentos.


Despois de estar traballando case todo o curso ao redor do corpo quixemos afondar un pouquiño máis os nosos coñecementos corporais e de saúde. Rosa, a nai de Lía e de Yago, sabía moitas cousas sobre o coidado dos ósos e dos músculos porque é fisioterapeuta, así que chamámola para que nos dese unhas sinxelas recomendacións para o coidado da nosa espalda.

Ensinounos unha columna vertebral e explicounos o seu funcionamento. Logo comezou a parte máis práctica cunha serie de recomendacións posturais, nas que temos que dar boa conta para non ter dores de espalda dentro de pouco. Ensinounos a sentarnos correctamente nas cadeiras, como debemos estar sentados ante a pantalla do ordenador, como debemos coller pesos, como debemos estirarnos para coller cousas que están moi altas ou como debemos levar as mochilas da escola. Unha serie de recomendacións moi importantes tanto para nen@s como para os maiores. Así que familias tede coidadiño porque agora os vosos peques van estar moi atentos a como colledes pesos, como levades as bolsas da compra ou como vos sentades no sofá.

E se queredes aprender un chisquiño………….. observade atentamente e practicade un pouquiño como fixeron os peques nesta entretida sesión de hixiene postural con Rosa.



A %d blogueros les gusta esto: