Archivo de la categoría: EXPERIMENTANO NA AULA

As veces un planifica unha actividade de recheo porque so ten a media clase, porque faltan moitos nen@s ou para completar outro traballo e resulta que esa actividade encántalles e queren máis.

Iso pasou a semana pasada, chegamos a clase e so estabamos 6, si só 6 así que decidimos que non iamos ir aos recunchos de traballo porque non había equipos. Os Apolos  querían pintar superheroes e para que fose unha actividade máis completa usamos a pantalla.

Buscamos na rede debuxos de superheroes e cada un escolleu o que quería pintar. Logo proxectámolos e repasámolos co lapis. Xa no sitio, volvemos repasalos co rotulador e logo pintámolos con pincel.

Tivo tanto éxito que ao día seguinte os que faltaran tamén quixeron e coma están tan entusiasmados imos ir pintando superheroes nas vindeiras semanas para ter un libro con todas as nosas obras.


Unha semana máis tivemos convidada na aula. Nesta ocasión foi Pili, a nai de Anxo, a que veu a acompañarnos despois de levar Anxo a maleta para casa. Veunos facer unha receita única e moi especial: “O outro lado da lúa”. A que queredes saber coma se fai? Pois non perdades detalle!!

GRAZAS POR ACOMPAÑARNOS PILI!!!


Este terceiro trimestre os Apolos temos un novo proxecto en marcha, imos facer un restaurante na aula. E para iso hai que preparar unha chea de cousas. Para iso contamos coa axuda inestimable das familias, con moitas ganas, ilusión e temos todas estas ideas!


Coma xa vos contamos no primeiro trimestre, este ano celébrase o Ano Internacional dos Legumes e aproveitando o tema deste ano do centro estamos traballando a importancia dos legumes. Este trimestre adicámolo as lentellas. Durante a semana pasada fixemos moitas actividades incluindo a visita ao mercado de Redondela para comprar ingredientes para poder cociñalas no cole.

Aquí vos deixamos un pequeno resumo do que levamos feito. Nos vindeiros días vos amosaremos a degustación.


Os Apolos seguimos as nosas andainas de cociñeiros e, aproveitando as datas, preparamos unha árbore de nadal comestible.
Puxemos os nosos gorros, fomos para a cociña e con moito agarimo preparamos esta deliciosa receita que nos quedou chulísima e deliciosa.
É moi sinxela de facer e é unha gran idea para estas festas así que se vos gusta podedes aproveitar e facela na casa con eles.


Xa vos expliquei o outro día que estivemos traballando os sentidos nas nosas aulas. Cada aula tiña un sentido para profundizar e investigar. Para poder aprender cousas de todos os sentidos cada clase foi rotando polas outras aulas.
Na aula dos Coquiños a vista e traballaron con imaxes de artistas como Arcimbolo e compuxeron a súa propia cara nun prato. Na aula dos Choquetes o olfacto e fixeron xabóns e ambientadores de xelatina e na aula dos Xirasois traballaron o oído e fixeron maracas con productos do outono.
Os Apolos pasámolo moi ben visitando as aulas dos nosos compañeiros.

Aquí os tedes facendo xabóns e as maracas. Estade atentos porque despois do taller do oído arrincáronse a cantar!!!


No obradoiro do olfato, todos os pequesreboreda poidemos descubrir que nas froitas están agochados diferentes aromas, aos que despois se lle dan forma de esencias. Con esas esencias pódense facer xabóns, perfumes, ambientadores,… Nós quisemos investigar e experimentar cos aromas e fixemos ambientadores e xabóns de xelatina, xa que eran moi doados de facer polos peques. Soamente necesitamos auga, sal, xelatina en pó, esencias de froitas, colorantes alimenticios, moldes de silicona e alcol.

Cada clase escolleu unha cor e unha esencia,  seguimos todos os pasos da súa elaboración pero algunhas veces non nos saíron todo o ben que quixéramos. Iso si o cole arrecendía por todas partes, jejejeje.

Agora imos amosarvos canto traballaron os choquetes, os coquiños, os apolos e os xirasoles nestas elaboracións tan aromáticas.



A %d blogueros les gusta esto: