Archivo de la categoría: FALANDO EN PÚBLICO

Recibimos novo e-mail, nesta ocasión era para Daniela. Nel puidemos ver aqueles recunchos a onde viaxa a nosa choquetiña, nos seus momentos de lecer coa súa familia.

Viaxaron ata a Idade Media, polos castelos de Portugal, fixeron sendeirismo polas rutas das salinas de Ulló, ata déronse un baño nas termas de Outariz en Ourense. Mmmmmm cantas cousas descubrimos coas fotos de Daniela e que ben as explicou.

Parabéns Daniela!!!

Graciñas por compartir con todos nós as túas pequenas aventuras!

Anuncios

Os choquetes presentaron, ante un público moi interesado, o seu traballo dos mouchos. Cunha sinxela presentación foron explicando, as características dos estrigiformes, as diferenzas entre mouchos e curuxas, as comidas favoritas, onde viven, tipos de especies diferentes,… E para rematar cantamos a canción: “O moucho” de grupo Migallas do álbum “Pan de millo”.


Recibimos un novo e-mail na clase dos choquetes. Nesta ocasión foi Iria a que recibíu un montón de fotos moi significativas para ela. Estaba tan contenta que contounos con moita gracia cada unha delas. Atentos, atentos… que marchamos de viaxe da man de Iria e da súa familia!


Xa fai unhas cantas semanas que recibimos e visionamos as fotos de Xiana, despois de tantos días e tantas actividades por facer xa chegou o gran día esperado. Parabéns Xiana!!! Fixéchelo moi ben, o ano pasado case non falabas, eras moi tímida pero este curso… canto medraches!!! Moitos bicos princesa!


Álex, o máis tímido dos choquetes, recibíu por sorpresa un e-mail cunhas fotos moi especiais. As fotos da súa horta!

Parabéns Álex!!! A pesar da túa timidez fixéchelo moi, mooooi ben!!!


Marcos recibíu un e-mail e quedou sorprendidisimo, non contaba que estaba vez era algo para el. Tan contento se puso que mirade que ben contou cada cousiña. Xa é moi maior!!!


Iria visitou a clase dos choquetes para traernos unha historia fantástica, Blobló. Estes pequenos espectadores estiveron moi moi atentos xa que Iria fíxoo moi ben. Parabéns Iria!!!



A %d blogueros les gusta esto: